martes, 22 de noviembre de 2011

Pedestre de Campañó e MM Pontevedra...

As dúas derradeiras competicións nas que participei foron estas dúas carreiras celebradas no meu concello...
Imos facer un breve resumo das dúas, últimamente ando un pouco escaso de tempo...xa é tema vello.

A finais de Setembro celebrouse a Carreira Pedestre de Campañó, cunha excelente organización e un percorrido para acabar coas pernas reventadas...foi un sábado pola tarde, e o venres anterior tivera unha cea que mermou as miñas forzas ó día seguinte. O resultado, un crono bastante malo (9650 m. en 48'07" netos), pero fun de máis a menos, e ir adiantando xente pouco a pouco fai que pase mellor carreira que á inversa. Se non houbera corrido con resaca...

E ó rematar a carreira, un pouquiño de descanso e a presenciar a entrega de premios, que tamén incluiu un sorteo de agasallos e un pincho. Todo moi ben, a verdade. Reitero as miñas felicitacións á organización (de 10), e a tódolos veciños da parroquia, animando moito e colaborando para que todo saíra ben, parabéns...

Resumo final...non foi a miña mellor carreira en canto a resultado e sensacións, pero das mellores en canto a todo o que é a carreira...merecedora de ser fixa no meu calendario...

A continuación, a miña cara de sufrimento ó rematar a temible costa do cemiterio (fotos feitas por Pachi, álbum Alejandro Gómez, moitas gracias!!)






E o día 23 de Outubro de 2011, quedará na miña memoria como o día que debutei nunha Media Maratón, e foi aquí na casa...O día foi duro, moita choiva, moito vento, e moito respeto que lle tiña ós 21.097 m.

A noite anterior durmira ben, deixara todo preparado para a gran cita. Espertei cedo e almorcei xusto pero ben. Xa fixera algúns adestramentos para a distancia, pero non puiden evitar os nervos de cómo sairía a carreira. A sombra do abandono pesábame moito...
Así que empecei suave, quizáis demasiado suave, e pouco a pouco fun sentíndome mellor. Un pequeno baixón asomou entre os kms. 13-15, pero superei o contratempo e os derradeiros 3-4 kms. foron de desfrute pleno. O meu tempo foi mellor do que pensaba, pero seguramente lle tiña demasiado medo á distancia...estou seguro de que se fora algo máis seguro de mí mesmo, o meu tempo sería bastante mellor...o abandono non pasou nen un só momento pola miña cabeza, e desfrutei moito da carreira. A vindeira vez, xa con esta experiencia nas miñas pernas e na miña cabeza, estou seguro de que o resultado será bastante mellor...

Fotos da MM de Pontevedra (feitas por Paula, Clube Alejandro Gómez, moitas gracias!!)





Continuará....
E a vindeira carreira, a Subida ó Castro (Vigo), o 11 de Decembro.
Deica...

Resultados...

MM Pontevedra 2011
Pedestre de Campañó 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario