miércoles, 30 de marzo de 2011

A volta ós adestramentos...

Pois despóis do éxito do domingo, e dun par de días de descanso, xa ía tocando coller as zapatillas de novo..
Cousa suaviña, escollín facer un par de voltas á ruta que teño marcada ó redor do barrio.

O resultado foi de 8,32 km en 47'22" (qué diferencia cós ritmos de competición...).
A 5:41 o km, 166 pulsacións de media. Moita humidade, demasiada. Ó poco de empezar a correr xa se empeza a suar moitísimo, e a camiseta remata por pesar moito, a pesares de saír con chuvasqueiro...

Agora ando a argallar que tipo de series preparar para o venres, así como cáles serán as vindeiras carreiras nas que vou a participar..pode que en Nigrán, pode que en Corrubedo...non sei, teño que planificar.

Por outra banda, déixovos aquí o enlace ás clasificacións dos 10 km do CUVI do domingo, por se alguén gusta de ver...eu estou no posto 366...
Clasificación 10 km cuvi

Saudiños...

martes, 29 de marzo de 2011

Unhas fotiños...

Como hoxe decidín tomarme un día extra de descanso, aproveito para colgar algunhas fotiños da carreira do domingo no cuvi, nas que saio eu por suposto, jeje...

As fotos son xentileza de Ticiana (graciñas), e dos foreiros de Correr en Galicia, que fan uns excelentes traballos fotográficos...Moitas gracias para eles/as!










E mañá, a adestrar un pouquiño...

Saúdos...

lunes, 28 de marzo de 2011

E chegou o domingo...

Moito tempo agardando, e por fin chegou o domingo!
A verdade é que un cambio de hora non é o máis oportuno para unha carreira pola mañá...pero cómo disfrutei!
Durminme tarde a pesares de acostarme cedo. Unha mezcla de nervos e inquedanza mantíñanme esperto...qué tal me irá mañá? chegarei enteiro? quedarei durmido? noite extraña.
Pero chegaron as 8 e media e sonou a alarma. Alá vamos...almorzo suaviño, café e algo de fruta, coller a mochila preparada previamente, e tirar cara o punto onde quedáramos con Carlos para ir á carreira.

Medio durmido polo camiño, pero moi ameno. Fíxoseme moi rápido. Chegada ó CUVI, e a toda presa a recoller dorsal, quecer, etc. Tiña unha mistura de nervos e ilusión moi grata.

Saída, saio a toda presa, pero tratando de regular forzas...queda moito. Sentinme moi ben durante toda a carreira, aínda que o derradeiro km. fíxoseme bastante longo. Axudaron moito os ánimos de Paula e Carlos cada vez que nos cruzabamos na ida e volta, e por suposto, os de Ticiana coa cámara de fotos disposta a deixar constancia do sufrimento...graciñas!

Moi boa experiencia. Remato nuns, para min, espléndidos 45'19", e sobre todo, cunha moi doce sensación de pasar unha boa maña deportiva, coñecendo novos amigos e coa compaña da eterna compañeira. Voltamos para casa con camiseta de regalo e algo de cansanzo, pero moi boas sensacións...

E que se repita moitas veces!...seguro que sí.

viernes, 25 de marzo de 2011

Agardando ó domingo...

Hoxe planifiquei un adestramento suaviño... Quero chegar ben á carreira do domingo no cuvi, e non forzar moito a causa da dor que teño na coxa, por mor dunha caída en bicicleta que tiven onte (xa contarei, xa...).
Teño dores ó estar sentado, pero a verdade é que correndo sentinme mellor do que eu pensaba que ía estar. Apenas me resentín da dor.
Corrín pola tarde, agardando que baixara o calor. Quecemento, estiramentos previos á tirada...e a correr.

Fixen 6 km. nun tempo de 32'33", contando que tiven que parar case ó final pra atar un cordón (cando aprenderei e farei dobre nudo).
A 5'25" o km. 165 pulsacións de media. Algo relaxadiño, e con boas sensacións.
Agora, toca agardar ó domingo a facer o meu debut co clube Alejandro Gómez. Se a cousa vai ben, e teño bo corpo, agardo baixar de 50', aínda que facer entre 50 e 52 sería o normal para min...Lembrade que son un novato, pero creo que aínda teño moita marxe de mellora...
Faime ilusión o debut...novos compañeiros, novos amigos, novas experiencias...vouno disfrutar a tope.

Xa contarei que tal me foi...

Saudiños, meus.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Cousa rapidiña...

Chegou a primavera e parece que con ela o verán tamén...
Que ninguén me malinterprete.. encántame o calor, poder ir á praia, os días longos...
Pero só hai unha situación na que non dou aturado o calor que está facendo todos estes días, e esa situación é a de adestrar.
Como estou acostumado a adestrar de media mañá (en inverno eche moi agradecido), o sol do mediodía está a pegar forte, polo que en certas ocasións, o correr convírtese nunha odisea...
En fin, que hoxe propúxenme facer pouco pero a bo ritmo.
Quecemento, correr 4,16 km. a ritmo vivo, e a estirar para casa que é onde máis fresquiño se está.
A ruta percorrida...



O resultado do adestramento:
4,16 km. Tempo: 19'24"
4:39 o km.  12,87 km/h de media.
Pulsacións medias 176
E moita, moita calor...

Por outra banda, comentar tamén que onte estiven en Vigo, para probar a roupa do clube. Probeina na estación de tren,jejeje.
Quedei alí con Paula, a secretaria. Agradézolle moito todo o que fai por nós. E o domingo, fago o debut oficial co clube,nos 10 km Cidade Universitaria de Vigo, haber que tal se nos da... Con facer entre 50' ou 52' xa estaría contento, pero sobre todo,a disfrutar, coñecer ós compañeiros, e...que non faga moito calor!!

Saudiños.

lunes, 21 de marzo de 2011

Probando, probando...

Pois coma o domingo fago a miña "estrea" nunha carreira, os 10 km do CUVI, tomei hoxe para facer unha proba previa e ter algunha referencia de tempo de sobre cómo podería ir.
Mans á obra, vou quecendo ata o carril bici de Monteporreiro. Chego á saída. Por diante, 10 km. que terei que facer como se fose a ritmo de competición...

Boas sensacións, a pesares de que vai moita calor e o cansanzo vai facendo mella pouco a pouco...quizáis saín moi rápido..pensaba para min mesmo.

Os tempos que ía marcando dicíanme que a cousa iba ben, e o engadido de motivación por elo faime sacar forzas de onde case non teño.

Chegando ó final da ruta...o meu obxetivo era baixar de 52' (xa sei, para moitos é moi lento), pero vexo que se apreto un pouco, ou bastante, mellor dito, podería baixar incluso de 50'...

Chego ó final, paro o reloxio, miro para él, e.....49'59"....jeje, nin feito adrede...

176 pulsacións de media, 4:59min/km... bastante ben, acabei satisfeito. Baixei máis de 2 minutos o meu mellor tempo en 10 km. Os adestramentos pouco a pouco van dando algunha mellora...

Haber o domingo que ocorre. Agardo, polo menos, que non faga tanto calor...

Saudiños.

viernes, 18 de marzo de 2011

Tirada longa...

Para rematar a semana laborable, qué mellor que pegarse unha desas tiradas ben longas, e moito mellor se se fai ó mediodía cun sol de carallo e 20ºC. Non si?

Así que tirei para a Senda do Lérez (outra vez), e non contento cor ir ata Bora e dar a volta, decidín recorrer 2 km. máis no carril-bici de Monteporreiro para rematar facendo 14 km. en total. Sumando kms. para ir preparando medias maratóns.

Total do tempo dos 14 kms., 1h 15m 29s.
A 5:23 o km. Pulsacións medias 161. Velocidade media, algo superior a 11 km/h.
Bastante satisfeito co resultado, e moi canso. Pero o importante agora é ir mellorando pouco a pouco, tanto nos kms rodados como nas velocidades, e ir rebaixando pulsacións..canto traballo teño por diante!

Agora, a descansar o fin de semana, e ir argallando o que farei a vindeira.
Saudiños...bó fin de semana...

jueves, 17 de marzo de 2011

Mellorando a velocidade...

Decidín para hoxe que tocaba de novo adestrar series, para mellorar un pouquiño a miña velocidade. A verdade é que prefiro rodar máis distancia a menos ritmo, pero temos que tocar todos os aspectos do traballo para ir mellorando..
Adestramento curto, pero moi intenso. Despóis do quecemento de rigor, prepareime para comezar o traballo de series. Teño que mentalizarme para traballar a un ritmo bastante exixente...
O que fixen foi 4 series de 1000m. 3 minutos de descanso entre series.

E eiquí os resultados:
Serie 1:  4'08"
Serie 2:  3'58"
Serie 3: 4'10"
Serie 4:  4'04"

Remato moi canso, pero satisfeito. Traballar a tan altas intensidades (183 ppm), é o que menos me agrada.
Trote de enfriamento, e a casa a estirar.
Agora, penso en facer mañá unha rodaxe algo longa, uns 14 kms. ou así... xa contarei...

Un saudiño...

martes, 15 de marzo de 2011

A desquitarse...

Mirade que rara vez adestro dous días seguidos, pero é que onte acabei con mal sabor de boca, e hoxe espertei coa sensación de que tiña de desquitarme...

Quería sair pola mañá, pero unha choiva de carallo dicíame que esperara un pouquiño e que tivera paciencia. Decidín facerlle caso a climatoloxía e o meu instinto que me dicía que pola tarde ía escampar.

E por unha vez acertei, escampou pola tarde e axiña fun a cambiarme, a por as zapatillas, o pulsómetro, e sair a desquitarme do de onte. 
Comecei suave, pero as miñas pernas e o meu corpo pedían máis, traballar a máis velocidade a cambio de non reducir pulsacións, que actualmente é o que máis me convén.

Resumindo, 8'320 km, en 46'13", a 5:32 o km.
Pulsacións medias: 169, ay, ay, ay...
Fixen dúas voltas á ruta de 4'16 km que aparece máis abaixo noutra entrada, por se alguén apetece ver.

E en certo modo acadei o meu obxetivo, quitar as malas sensacións de onte. Mellorei tempo, acabei non moi canso, e cun lixeiro gusto a satisfacción. Agora, a descansar o mércores, para o xoves facer un pouquiño de series.

Saudiños.

lunes, 14 de marzo de 2011

Volta frouxiña...

Por culpa da ferida do dedo do pé, decidín tomarme uns días de repouso para que curara ben e non me dera moitos problemas. A máis, o venres pasei a tarde en Teo, preto de Santiago, onde Ticiana facía a presentación dunha animación súa, e tivo éxito. Noraboa Ticianiña!

Así que aproveitei para curar ben a ferida, auga con sal, moito betadine, e moito deixar o pé ó aire. Creo que de momento xurdiu efecto, e a cousa vai, pouco a pouco, a mellor.

O que non foi a mellor foi o resultado do adestramento de hoxe. Non tiven moi boas sensacións, moita humidade, o pé respostou ben pero o resto do meu corpo non tanto. Tiña pensado facer 8 km, nuns 45 minutos e cunhas pulsacións relativamente baixas, pero o resultado final foi peor do esperado...

Total: 8 km, en 46'56"
5:52min/km  Pulsacións medias: 167

Non acabei moi satisfeito cos resultados, notei moito o reposo dos últimos días.
O mellor, a melloría na ferida do pé, e a volta pola Senda do Lérez, lugar sempre moi agradable para rodar, a pesares do día chuvioso e a alta humidade.

Haberá que recuperar o tempo perdido...e as boas sensacións

Saudiños

miércoles, 9 de marzo de 2011

Día festivo?...

A pesares de que hoxe foi festivo aquí en Pontevedra, e co moito que a mín me gusta non facer nada nestes días, elexín o día de hoxe para facer unha rodaxe longa, que xa ía algún tempo que non o facía.
Escollín a Senda do Lérez, que levaba tempo sen pisar dende que estiveran cunhas obras, e decidín chegar dende a ponte dos tirantes ata a presa de Bora e volver.


En total, 12 kms, nun tempo de 1:05'21", con caída estúpida incluída ó tropezar cunhas pedras, e charla cunhas señoras que me preguntaron se estaba ben.

A 5:26 o km., e 11,02 km/h de media. As pulsación medias, 163.
A pesares da caída e do reventón da bocha do pé, que me deixou o calcetín empapado en sangue, acabei satisfeito coas sensacións e non rematei demasiado canso.
As dores do pescozo remitiron algo, pero o dedo pequeno do pé esquerdo estame a dar guerra agora. Unteino en betadine e algodón todo pra dentro, pero noto dor ó apoiar o pé.

Espero que mellore un pouco, e haber que pasará o vindeiro festivo...

Saudiños.

lunes, 7 de marzo de 2011

O sol quecía ó mediodía...

Non sei por qué se me puido ocorrer sair a correr ás 12 e media da mañá...
 non é que fixera calor, pero o sol pegaba a reo, e correndo sen auga nótase máis.
A pesares da dor no pescozo, decido sair a rodar un pouquiño, un par de voltiñas á seguinte ruta, que ten unha costinha que chégalle ben... polo menos para min.





Resultado: 8,320 km. en 46'23"
5:34 por km, a 10,76 km/h de media
Pulsacións medias: 164, Máxima: 179 (e que a costa era moita costa)

Podía estar bastante mellor, a verdade. Pero bueno, medrando pouquiño a pouco.

Chego á casa, estiro ben, e á ducha. E agora, coa almohadiña eléctrica no pescozo, haber se fai algo...
Saudiños

sábado, 5 de marzo de 2011

Disfrazado de xorobado

O día de hoxe, tiña pensado non adestrar, pero ó final, o desenrolo da xornada pódese calificar de adestramento de resistencia...
Espertei fatal, aparte da chaga do pé esquerdo, as dores no xemelgo esquerdo... uniuse unha espantosa dor no pescozo. Debeu ser unha mala postura mentres durmía. O caso é que non podo xirar a cabeza e ó estar erguido ou de pé, encollo os hombreiros sen querer porque a contractura é fatal.
Á hora do mediodía, ven Ticiana e dime: "toca facer a compra do mes"...
Pois iso, despóis do suspiro inicial, a tirar para o carrefour, sabendo que a cousa iba para largo. En total, tres horas camiñando, parando, tirando do carro... chegamos á casa ás 4 da tarde e aínda sen comer...
Despóis chegou o momento de decidir se saímos ou non saímos polo tema do Entroido. "Non me apatece, dóeme todo", digo eu.
Despois de diversas negociacións, a cousa queda en que ela sae coas amigas, disfrazada de pintora (disfraza improvisado a última hora), e eu quedo na casa disfrazado de xorobado, co pescozo feito merda. A verdade é que tiña ganas de sair a dar unha volta, pero sei que non iba a durar moito. Para a próxima, vou aínda con muletas.

Saudiños meus, bo domingo.

viernes, 4 de marzo de 2011

Vaia series...

Hoxe tocou un pouquiño de adestramento de calidade, algo de series, que habitualmente non fago moito. O meu é rodar e rodar....
Fágoas no carril bici que vai a Monteporreiro, porque está marcado, e parece que as marcas feitas son máis ou menos exactas, así que é un bó sitio para probar.
Saio da casa e aproveito o treito ata o carril-bici para quecer un pouquiño, pero fago un kilómetro máis a ritmo alto para que as pernas vaian espertando.
E a continuación, tras estirar un pouco, a tirada de series:

2 km.  Tempo: 9'01"  Descanso de 2 minutos e estirar o que se poida.
1 km.  Tempo: 4'35"  Descanso de 1 minuto e medio e volver estirar.
1 km.  Tempo: 4'24"  O mesmo de ántes.
1 km.  Tempo: 4'17"  Ídem.

Estirar de novo, e trotar un pouquiño para enfriar. Ántes de chegar á casa, e sacando as últimas forzas que me quedan, fago 5 costas na pasarela que vai por riba da Av. de Compostela.

Teño que estirar moi ben!! dixenme, xa que ía cos xemelgos feitos pedras..

Como vedes, o ritmo das series, que para mín xa é moito, seguramente será, para a meirande parte dos corredores, un ritmiño fácil de facer...  e que para min facer o km. sobre 4 minutos e medio xa é unha fazaña!!... pouco a pouco espero mellorar...

Saúdos.

jueves, 3 de marzo de 2011

Un pouquiño de autopromoción..

Pois nada, como hoxe é día de descanso (para que a bocha do pé desafogue un pouco), andamos aquí mirando cousiñas por internet, a pasar un pouqiño a tarde.

Aparte de esta intrascendencia comentada, dicir que xa por fin hoxe rematei uns trámites que tiña que facer para poder obter o título que estaba facendo tempo atrás. e que xa podo dicir que xa son Entrenador Superior de Culturismo, Musculación e Fitness, pola Escola Nacional de Entrenadores, da Federación Española de Halterofilia.

E vos preguntarédesvos... e que ten que ver a halterofilia con correr?
E eu respóndovos... pois que é unha actividade física, e...., e..., bueno, a verdade é que non moito.

O mundo da musculación é outro dos meus intereses e actividades que me gustan, tanto a nivel de hobby como a nivel profesional. Non pensedes que son un cachiñas ou que paso o día no ximnasio, máis ben todo o contrario. Pero é un bo complemento de formación para os meus estudios, e pra poder traballar nun ximnasio, por exemplo, é un bo título.

Xa que non o comentei ántes, dicir que son Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (popularmente coñecido como TAFAD), e tamén teño o título de Monitor de Balonmán da Federación Galega. Estou pensando se sacar o de Entrenador Persoal, e este mes de Xuño, definitivamente, inscríbome para as probas de acceso ó Grao de Ciencias do Deporte e da Actividade Física, a pesares dos meus 30 tacos. Agardemos que haxa sorte e poida pasalas, moita ilusión me faría.

Así que xa sabedes, se necesitades un perfil profesional que encaixe algo co descrito arriba....eu estou no paro!


Autopromoción rematada...

Saudiños

miércoles, 2 de marzo de 2011

Pois o dito..

Onte aseguraba que hoxe ía sair a correr, pois dito e feito, espertei pola mañá con intención de cumplir a promesa, a pesares das molestias, que non me paran, na perna esquerda. Iso si, decidido a facer un ritmo suave para non forzar moito a pesares de facer 10 km.
Deixei de tomar os adestramentos de rodaxe continua como se fosen carreiras e ir tentando baixar tempos á vez que sumo kilómetros nas pernas, non é o máis sensato pola miña parte. Asi que decidín hoxe (e espero que de aquí en diante), centrarme en traballar a pulsacións máis baixas para seguir coa mellora cardiovascular e iso, seguir baixando pulsacións.
Así que tomei un café, preparei o atuendo, e saín a rodar pola ruta que onte preparei, e que paso a ensinar agora:


(Por certo, mira que me empeñei en remarcar 10 km., pero o condenado programa sempre me pon uns metros menos!) Sinto que non se vexa moi ben.

Tomei o camiño de casa ata o inicio do carril bici coma quecemento, chego, estiro un pouquiño,e... a rodar!
Saída suave, estando atento ó pulsómetro para non pasarme da conta, aínda que a costa de subida a Monteporreiro fai que disminúa o ritmo sen disminuir as pulsacións.. Dou a volta enteira a Monteporreiro.. cada vez vou sentíndome un pouquiño mellor, logo, encaro a baixada pronunciada ata estar no carril bici de novo, deixándome levar, acelerando un pouquiño, e, agora sí, aumento de ritmo sen aumentar as pulsacións.
Ó rematar o carril bici, atraveso a ponte dos tirantes e dou unha volta enteira á Illa das Esculturas, noto que vou ben e non demasiado canso, aínda que o xemelgo esquerdo empeza a tirar. Volta pra casa dando un rodeo ántes polo barrio para facer os 10 km. xustos.

Total: 10 km. en 58'19"  A media das pulsacións, en 158.

É un tempo moi lento (máis de 6 minutos por riba da miña mellor marca en 10mil), pero cumprín o de rodar a pulsacións adecuadas e non tomalo como de unha competición se tratara, e, sobre todo, cumprín o de que hoxe ía sair a correr seguro.

Ó chegar á casa, bebida isotónica, estirar ben, unha ducha reparadora, e a xantar que xa hai ganas: sopa e peixe.

Agora que estou sentado, si que noto un pouco máis a molestia no xemelgo e no nocello esquerdos, dentro dun rato a estirar un pouco máis, e a descansar mañá pra o venres poder facer unhas series, haber se a dor vai marchando dunha vez..

Saudiños a todos!

martes, 1 de marzo de 2011

Imos entrando en materia

Pois resulta que hoxe tiña pensado sair a rodar un pouquiño á mañán, uns 8 ou 10 kms., pero a pereza invadiume hoxe, e como perdín a mañán entre espertar tarde e facer un par de recados, deixeino pra tarde, a sabendas de que hoxe non era o día pra sair.
Por outra banda, teño unhas pequenas molestias na perna esquerda, non podo flexionar ben o nocello e por riba do óso exterior do nocello teño algo de falta de sensibilidade, se pincho ahí non me doe!!
Esto provoca que ó camiñar, non poida apoiar ben o talón e teña que camiñar co pé esquerdo plano, así que se hai algún médico na sala..

Decidín entón tomarlle un pouqiño máis de tempo a seguir facendo o blog, actualizando un pouqiño, e colocando un par de fotos que a continuación veredes. As fotos son de direrentes carreiras de hai pouco, veredes cómo me gusta posturear. As mesmas son xentileza, unhas de participantes dos foros de Correr en Galicia (graciñas!), e outras son de Ticiana, que sempre me acompaña e me anima, así que moitos biquiños e moitas gracias! (e deixa de pasalo mal cando saio a correr, que xa o paso eu mal polos dous, jeje)

Mañá, definitivamente, saio a correr. Seguro.

Saudiños.