Despóis de adestrar durante algúns días en cinta para non forzar demasiado o maltreito xemelgo, parecía que todo apuntaba cara un extraordinario día de carreiras...e así foi.
Ticiana e máis eu collimos o tren cara Vigo ó mediodía. O plan era dar unha voltiña por alí e comer algo. Algo de pasta para non botar o fígado durante a carreira. Ántes das 4 da tarde, quedamos con Paula e Carlos, para ir cara Moaña. Coma sempre, portándose xenial con nós, non teño palabras dabondo de agradecemento.
Tamén viña Anxo, para correr na categoría de chupetes.
Chegamos a Moaña. Moita calor e vento. Recollemos os dorsais, e andamos á espera de que corran os máis pequenos. O ambiente era moi bo. Nesta carreira, Anxo, a pesares dunha caída inicial, fixo unha tremenda remontada e nos derradeiros metros adiantou a uns cantos, quedando en 2º posto... Noraboa!!!
Tempo despóis, a hora de comezar a quecer. Non tivera unha boa semana, a verdade. O asma deume forte por culpa da alerxia, e varias noites espertei con falta de respiración. Teño que ter bastante controlado o tema.
Hora de ir cara á saída. Típicos nervos, apesares de que non nos xogamos nada e de que vamos para desfrutar...Dan a saída e... a correr!!
Eran tres voltas a un circuito que ía en subida, para logo baixar, e sumar un total de 5500 m. O sol pegaba bastante forte, eu ía medio seco, e na subida o vento non axudaba nada.
Durante a carreira, tiña a Carlos como referencia visual, ía uns 10-15 segundos por diante. Iso sí na derradeira volta perdino, quizáis non regulei demasiado ben...seguramente. Ó final, bastante canso. Cheguei só á meta, sen ninguén nin diante nin detrás. E como o público era moi animoso (o que se agradece moito), aproveitei para desfrutar dos meus humildes segundos de gloria, jejeje...
Pódese comprobar na foto, que o meu nivel de flipalo andaba polas nubes, jeje.
En resumo, o meu resultado foi de 5,5 km. en 23'48" (23'40" tempo real). Posto 95 de 166. Se chego a quedar de 1º, non sei o que faría...
Moi boa carreira, boas sensacións, boa organización, moi bó público...pouco máis se pode pedir...
De novo, moitas gracias a Pachi e a Carlos. Sodes os mellores. E noraboa a Anxo, és todo un campión.
E coma sempre, para rematar, unhas fotiños da carreira. Cortesía de foreiros de Correr en Galicia, e de Ticiana, que tanta paciencia ten comigo, e tanto sofre cando saio a correr...Gracias!!
O vindeiro obxetivo...de momento, a carreira nocturna de San Xoán en Vigo. Iso seguro. Dependendo de cómo me vaia no resto de obrigas que teño, teño en mente a de Gondomar, ou a de Cambados, non sei...todo depende de cómo vaia na preparación das probas de acceso á CC. do deporte, de se me presento ás PAAU voluntarias, etc. Agárdanme un final de Maio e un mes de Xuño bastante complicados...
O que é seguro, é que en San Xoán, estarei en Vigo.
Saudiños a todos...