O prometido é débeda, así que aquí vai a crónica da carreira do Sábado en O Corgo. Agardo que vos guste...
Quedara con Pachi ás 3 da tarde para que me pasara a recoller e tirar cara Rianxo, onde nos agardaba Carlos para tirar cara a carreira. Tras o Paso por Rianxo, collemos estrada cara Ribeira, con tempo dabondo como para recoller os dorsais tranquilamente, facer un quecemento bó, tomar posicións con tempo... qué bó é ir con tempo de sobra ós sitios...
A carreira comeza ás 5 e media. Por diante, 8 kms. de terreo rompepernas e bastante duro, incluíndo praia, herba, camiños forestais, desniveis bastante duros...moi completiño todo. Iso sí, a paisaxe e o entorno, fermosísimos.
Carreira moi dura, e tal e como estaba o meu xemelgo, era probable que algo me resentira... non hai máis que ver a cara de sufrimento que tiña, máis ou menos, á metade da carreira:
No km. 5, había un desnivel importante que tiñamos que superar mediante unha cordada. A cousa foi dura, pero mereceu moito a pena...
Neste intre en que levanto a perna, foi porque caía unha pedra grande dende arriba, e eu afasteina cara un lado cun toque de interior exquisito.
Tras o grande momento da cordada, o máis duro aínda quedaba por vir. Unha subida moi longa e espectacular na que case todo o mundo comezou a camiñar, xa que avanzaba máis rápido andando que correndo. Uff... que sufrimento!!
E a partires de ahí, os dous kms. finais, mezcla de subidas leves e baixadas pronunciadas para incrementar a velocidade, ántes de chegar ó tramo final de asfalto, de cara á meta.
Resumo: carreira moi sufrida e dura, pero que á vez é unha das carreiras máis fermosas polo entorno, a mesma dureza, a boísima organización (con moitos premios e regalos incluídos), o bó ambiente...agardo repetir en vindeiros anos, encantoume...
O meu resultado final, posto 153 de 217. 8 duros kms. en 41'53".
O desglose dos kms:
Km 1: 4'23"
Km 2: 5'39" Aaaayyy, a area da praia...
Km 3: 4'06"
Km 4: 5'24"
Km 5: 5'37" A cordada pasa factura...
Km 6: 7'27" É que a costiña tiña tela, tela...
Km 7: 4'36"
Km 8: 4'41"
Aquí deixo o enlace á Clasificación da carreira: Clasificación da V Carreira de O Corgo
E algunhas fotiños máis. Coma sempre, gracias ós foreiros de Correr en Galicia polas mesmas.
E, de novo, moitas gracias a Pachi e a Carlos por todo o seu apoio e a súa axuda...e noraboa polo seu 2º posto en categoría de parellas!! sodes uns cracks!!
Noraboa!!!!!!!!!
Sen máis, ata a vindeira crónica de carreira, ou mellor dito, ata o vindeiro adestramento...
Non coñecía esta carreira, que boa pinta que ten vendo as fotos. Haberá que estar por alí o ano que ben :)
ResponderEliminarEnhoraboa polo resultado e sorte co xemelgo!