miércoles, 27 de julio de 2011

Crónica da carreira de Santiago Peregrino de O Burgo (Pontevedra)...

O día 25 de Xullo, festividade de Galicia, e do barrio do Burgo, celébrase tódolos anos unha carreira popular de carácter moi familiar, sinxela, sen chips nin arcos de meta...sinxelamente uns amantes do deporte con gañas de correr, e unha organización con gañas de facernos pasar unha boa mañá deportiva...moitas gracias para eles.

Así que esta vez non hai fotos, nin clasificación, pero ten o seu encanto especial...é a carreira do meu barrio, xa pola súa XV edición.

Levo tempo sen adestrar, agora mesmo estou máis concentrado en conseguir cartos para poder sacar adiante a matrícula da carreira, e entre traballiños que me van saíndo, teño menos tempo do que eu quixera para poder poñerme a punto...despóis do verán hai un par de carreiras importantes, medias maratóns, nas que teño máis que gañas de participar, e teño que facer unha preparación mínima para poder a lo menos rematalas.

Coa dúbida de qué tal me atoparía na carreira despóis de só adestrar un día en todo o mes, levanteime ántes das 9 da mañá para poder almorzar e preparar todo con calma...e despóis, tirar cara a mesa onde se recollen os dorsais. Quecer un pouquiño, e a agardar á saída...

O circuíto era prácticamente todo de terra (na saída levantouse unha fumeira de pó bastante importante), nas marismas da Xunqueira de Alba. A distancia era duns 4750 m. aproximadamente (4930 m. segundo a organización).


Era todo terreo moi chan, só había unha pequena subida ó dar volta ó lado do parque de cans, pequena pero que no meu estado de forma actual fai algo de dano...
Quizáis saín demasiado rápido...ó chegar ó primeiro paso polo miradoiro, xa notaba que aínda sendo unha carreira corta, algo ía sufrir...durante bastante tramo quedei case que só no traxecto...o grupo de adiante tiraba de máis, e os de atrás non daban contactado comigo...levaba as pulsacións bastante altas, e as sensacións non eran moi boas...teño que adestrar!!!

Na recta final, duns 800 m., non me daba chegado o final...tentei apretar un pouco pero as pernas non daban moito de sí, esa recta fíxoseme bastante longa...
Chego á liña de meta, paro o crono e entrego o dorsal, para a continuación recoller unha bebida e a camiseta de regalo, e directo ó chan, a descansar...carreira curta pero rematei desfondado...na miña cabeza só hai un pensamento... hai que volver a adestrar duro!!!

Ántes de estirar, miro o reloxio... tempo total 20'49". A 4:24 o km. aproximadamente...mellor tempo do que pensaba que ía a ter, pero as sensacións non foron demasiado boas...falto de ritmo.

Despóis de recuperar un rato, tirar cara a entrega de premios...sei que nunca vou recibir ningún, pero desfruto moito vendo ós bos corredores recollendo a recompensa ó seu esforzo. Noraboa a tódolos gañadores, entre eles o grande Manuel Rosales, coma sempre incombustible...

Agora, a pensar na volta ós adestramentos (esta semana toca), na volta á universidade, nos vindeiros obxectivos...en Setembro está a carreira de Campañó, pero ántes quería facer algunha máis...a ver se pode ser a de Praia América do 14 de Agosto, toda pola praia, ten moi boa pinta...pero iso dependerá un pouco de todo...o estado de forma, a posibilidade de que alguén me acerque ata Nigrán, etc...

Pronto haberá novidades...de momento déixovos aquí unhas reseñas dixitais sobre a XV Carreira Santiago Peregrino de O Burgo...deica pronto...

Faro de Vigo
La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario