Pois sí...o que dí o título da entrada...máis vale tarde que nunca. Case que cun mes de retraso, aquí vai a crónica da carreira de San Xoán de Vigo.
Ó comezo da tarde, Ticiana e máis eu collimos o tren cara Vigo e fumos cara o concello, lugar da saída. Un pouquiño de tempo para descansar, comer un plátano e beber un pouco ántes de comezar a quecer para a carreira.
Os dorsais collíanos Alejandro Gómez, que tiven o pracer de coñecelo persoalmente nese momento, e ter unha pequena charla con él (moitas gracias por todo o que fas por nós). Tamén tiven oportunidade de coñecer a algúns membros máis do clube, así como de volver a atopar a Carlos e Paula. Unha foto de grupo ántes da carreira...
Despóis, a preparación da carreira...colocar a equipación, pór o dorsal, quecer...
Na carreira, saín na parte de atrás, quería ir de menos a máis. Ó principio, tentando regular, coma sempre. Pero chega un momento en que a cabeza deixa paso ó corazón, e deixo de regular forzas para pasar a dar todo o que levo dentro, co conseguinterisco de reventar, ou de que a carreira se me faga moi longa...máis ou menos á metade do traxecto, collín un grupo de corredores do Floristería Sío, que ían falando sobre como regular, cando aumentar o ritmo, cando baixar, e decidín ir con eles bó traxecto da carreira...
Nesta imaxe pódese ver como vou seguindo o seu ritmo (gracias).
Pero chegada a longa recta final, decido marcar o meu propio ritmo, o malo é que o vento viña de contra e quedei eu só tirando durante uns intres...nótase moito. Nos momentos que puiden correr detrás de alguén, fíxeno, pero non foron moitos...a esas alturas de carrera, ou adiantas a xente que ven máis despacio, ou és adiantado por xente que ven máis rápido...chego ó final moi canso. Pola mañá estivera facendo o adestramento das probas de acceso a Cc. do deporte, e as pernas non dan máis de sí...
Pero ó ver o arco de meta, fago un esforzo final, voto un sprint, e consigo adiantar a 5 ou 6 corredores na recta final...remato reventado...8200 m. en 35'10"...
Coller a bebida, sentar, e 5 minutos despóis, tras despedirnos de Alejandro, Carlos, Pachi..., tirar correndo cara a estación de tren!!! xa que tiñamos 20 minutos para coller o derradeiro. Chegamos a tempo, pero a viaxe...menuda viaxe...coas pernas desfeitas, ó non poder estirar, famento...
Clasificación Carreira de San Xoan (Vigo)
Chegada a meta San Xoan A entrada, no minuto 2:19 do video
(Moitas gracias a mato grosso)
E despóis, ducharme rápido e a celebrar o San Xoán...na praia fluvial, cunhas hamburguesas, unhas cervexas, e uns amigos...paseino moi ben, pero rematei o día derreado...
Noutro ámbito, suliñar que a finais de Xuño tamén fixen por fin, as probas de acceso a Cc do Deporte, e a cousa foi máis que ben...paseinas todas...á primeira!! agás a de explosividade dos membros superiores, que necesitei do segundo intento...a espera por ver se entraba na carreira dependendo da nota foi insufrible...pero todo mereceu a pena...xa fixen a matrícula, e xa está confirmado...son estudante de Cc. da actividade física e do deporte!!!
Estou moi contento...o esforzo tivo o seu premio!!! agora, a dalo todo!!!
Levo algún tempo sen adestrar, pero cedo voltarei...o vindeiro obxetivo, a Carreira de Santiaguiño de O Burgo, o día 25...
No hay comentarios:
Publicar un comentario