jueves, 28 de abril de 2011

A voltas coa perna...e coa cabeza

E mira que xa levaba tempo sen escribir nen unha notiña por aquí...
Vaia co xemelgo, saiume rá. Tomei un par de semaniñas de descanso (ou algo menos) para que mellorara, dándolle calor e moitos estiramentos, sen facer nada de nada que o puidese forzar. A carreira de Nigrán do día 24 xa quedara descartada, o importante era recuperar ben...
Entón, o meu obxetivo pasou a ser poder empezar a correr de novo, sinxelamente, sen molestias e que o músculo recuperara ben. Xa pode, coa de mimos que lle din todos estes días...
E esta semana reanudei os adestramentos. Algo suave, sen moitas pretensións. Só comprobar cómo ía evolucionando a perna e ir recuperando algo de forma, porque parece mentira, pero en dúas semanas perdín bastante forma e gañei un par de quiliños...Tamén para ver se podo facer en condicións a carreira de O Corgo-Corrubedo, do día 30. É unha carreira distinta ás demáis, que merece moito a pena facer...

Regulamento e máis cousas da Carreira de O Corgo



Os resultados dos adestramentos desta semana, son os seguintes:

Luns, 25 de Abril:  4,16 km. en 23'16". A 5:35 o km.
Mércores 27 de Abril:  7,61 km. en 41'46". A 5:29 o km.
Xoves 28 de Abril:  4,16 km. en 21'13". A 5:06 o km.

Xa comento que foron unhas tiradas curtas para ver cómo ía a perna, e comprobar cánto de forma perdera...
Sensacións extranas. Dun lado, o xemelgo parece que responde ben, ainda que o Luns, certo tempo despóis de rematar de correr, empezei a notar un lixeiro tirón. Pero parece que bastante ben...

Por outra banda, a cabeza non nestá de todo comigo. Penso que podo recair en calqueira momento, non sei, non as teño todas comigo...

Agora, toca descansar mañá e facer moito estiramento e calor na perna. Creo que farei unha derradeira proba o sábado cedo para ver se estou ou non estou. Haber que ocorre...xa contarei o desenlace final desta historia.

Saúdos

miércoles, 13 de abril de 2011

Fixémola boa..

Saín hoxe a adestrar, temeroso por unhas molestias no xemelgo esquerdo que me veñen amolando durante unha tempada, e foi o maior erro que puiden cometer...

A pesares de quecer e estirar ben, cando levaba soamente 2 kms., empezou a molestia de novo...baixo o ritmo, e nin aínda así...teria que parar inmediatamente ó primer aviso!!
Estirei, camiñei, pero a presión no xemelgo aumentaba, paracía que ía a reventar, e pouco a pouco uniuse unha falla de forzas na perna e a conseguinte coxeira.

E estaba a uns 3 kms. da casa, así que a volta foi un suplicio, camiñando, con dores...tardei unha eternidade.
Por fin cheguei e ó estirar a zona doíame bastante, ó tocala dóeme bastante, ó baixar as escaleiras , outra vez..dóeme bastante...e case non podo flexionar o nocello nin camiñar con normalidade...

Dame que, lamentablemente, vou a ter que estar unha temporadiña parado...Espero que non se me fastidiara a carreira de O Corgo-Corrubedo, o día 30 de este mes, coas gañas que teño de participar nela!!

Haberá que agardar, ser pacientes, e haber qué pasa, pero todo por culpa de non parar a tempo..

Saúdos

lunes, 11 de abril de 2011

Espero que non teña nada...

E levaba varios días sen adestrar, dende o mércores pasado. Por un lado, por mor de novas clases, novos alumnos, tarefas da casa... Por outro, aproveitando a coiuntura, para descansar dunhas lixeiras dores na corva esquerda, como se tivese o xemelgo cargado.
Pero algún día hai que voltar, e fíxeno hoxe. Quería facer algo máis longo, pero non quería meter 18 km de golpe, máis cando levo 6 días sen facer nada.

Así que fixen 8,32 km, en 47'16", a 5:41 o km.
Aproximadamente na metade do traxecto, e a pesares de quecer adecuadamente, volvín a sentir o tironeo na corva, que unido a unha lixeira falla de forza, fai que comeze a preocuparme un chisco, espero que non sexa nada...
De novo moita calor, ir pra casa a estirar e pra ducha.

Tamén felicitar ó meu clube, o Club Alejandro Gómez, que onte na Vig-Bay acadou o 3º posto por equipos e 2 podiums en categorías femininas. Foi unha pena non poder ir, tiña moitas ganas.. Noraboa a todos/as, e verémonos pronto compartindo carreiras!!

Clasificación Vig-Bay 2011

Un saudiño...

jueves, 7 de abril de 2011

A toda velocidade...

Onte non puiden anotar o adestramento realizado, e hoxe vou pillado tamén de tempo, así que deixo aquí os datos e listo...
Quecemento.
2 km. a ritmo lento (6 m/km máis ou menos) para preparar algo as pernas para unhas series curtiñas. Tempo: 12'14".
5 series de 100 m., 1' de repouso entre series:
Serie 1: 15"00
Serie 2: 15"98
Serie 3: 16"34
Serie 4: 16"87
Serie 5: 17"50
20 min. de trote moi suaviño para enfriar un pouco. Estiramentos na casa.

lunes, 4 de abril de 2011

Haberá que ir á praia...

Pero que calor que vai!... os meus vellos foron de vacacións a Huelva, e seica que polo clima case que lles cundía quedar aquí...
De novo, por non variar, saio ó mediodía a adestrar. E con uns 25º, moita para esta época do ano...

Quecemento.
5 km a ritmo vivo. Tempo: 23'17". A 4:39 o km.
20 minutiños máis de trote suave para enfriar...
... e para casa a estirar.

O mércores, se todo vai ben, teño pensado facer unhas series de velocidade, e o venres, unha tirada longuiña... uns 15 ou 16 kms.

Noutro tipo de cousas, o sábado disputouse en Pontevedra o Campionato de España de 10000m en pista, tamén Trofeo Ibérico.
No Trofeo Ibérico gañou Portugal, tanto en categoría masculina como en feminina.

Con respecto ó campionato de España, os novos campións de este ano son Ricardo Serrano (Kafewake Li Ning Guadalajara) con 28:42.91 e Isabel Checa (Atletismo Silla) con 32:48.76. Parabens!!


Tamén é un grande espectáculo poder ver corredores coma os keniatas Vincent Rono e Vivian Cheruiyot (recente campiona do mundo de cross en Punta Humbría). Van como motos!! Ambos gañaron as respectivas probas masculina e feminina, indo como lebres dos demáis corredores.

Parabéns tamén para Rui Silva (medalla de bronce en 1500m en Atenas'04), xa que conseguiu marca para participar no Mundial da especialidade en Corea.

Aquí vai o enlace ás clasificacións da competición: Clasificacións Campionato de España 10000m-Trofeo Ibérico

En definitiva, unha excelente tarde de sábado desfrutando do mellor do atletismo actual...

Saudiños.



viernes, 1 de abril de 2011

Vaia calor...

Parece que chegou o verán...aínda que sexa por un día.
Moita, pero que moita calor hoxe. Pasei pola praia fluvial e estaba ateigada de xente, tomando o sol, dándose un baño...e que nun só día subiu a temperatura 10 graos de golpe, e semella que mañá, vai ocorrer o mesmo pero á baixa.

Tiña pensado facer unhas series, pero con tanto calor mediteino ben e cambiei por unha rodaxe algo tranquiliña, non é cuestión de forzar con esta temperatura...e pola Senda do río Lérez, que hai abundantes árbores e a sombra sempre ven moi ben nestes casos.

Así que 15 min de quecemento. E a rodar 8 km. polo camiño... tempo total: 45'35". O mesmo ritmo que antesdonte.

Volto ó punto de inicio...teño bastante sede e gañas de refrescarme. Pensei durante un intre darme un baño na praia fluvial, pero o primeiro era atopar unha fonte donde botar un groliño...
Así que vou cara a illa das esculturas, e mentres, fago o enfriamento. Atopei a fonte!..ai, que gustiño unha pouca de auga...

E para casa a estirar é á ducha, na próxima, de seguro que aproveito para nadar un pouquiño pola praia do río.

Mañá voume acercar ata as pistas do CGTD, onde se celebra o Campionato de España de 10000m. Vai haber moi bos competidores, asi que haber se se me pega algo deles...jeje.
E a planificar as próximas carreiras nas que me vou anotar... A Estrada, Nigrán, Corrubedo, Moaña...pois iso, teño que facer plans..

Saudiños, e boa fin de semana.