viernes, 1 de abril de 2011

Vaia calor...

Parece que chegou o verán...aínda que sexa por un día.
Moita, pero que moita calor hoxe. Pasei pola praia fluvial e estaba ateigada de xente, tomando o sol, dándose un baño...e que nun só día subiu a temperatura 10 graos de golpe, e semella que mañá, vai ocorrer o mesmo pero á baixa.

Tiña pensado facer unhas series, pero con tanto calor mediteino ben e cambiei por unha rodaxe algo tranquiliña, non é cuestión de forzar con esta temperatura...e pola Senda do río Lérez, que hai abundantes árbores e a sombra sempre ven moi ben nestes casos.

Así que 15 min de quecemento. E a rodar 8 km. polo camiño... tempo total: 45'35". O mesmo ritmo que antesdonte.

Volto ó punto de inicio...teño bastante sede e gañas de refrescarme. Pensei durante un intre darme un baño na praia fluvial, pero o primeiro era atopar unha fonte donde botar un groliño...
Así que vou cara a illa das esculturas, e mentres, fago o enfriamento. Atopei a fonte!..ai, que gustiño unha pouca de auga...

E para casa a estirar é á ducha, na próxima, de seguro que aproveito para nadar un pouquiño pola praia do río.

Mañá voume acercar ata as pistas do CGTD, onde se celebra o Campionato de España de 10000m. Vai haber moi bos competidores, asi que haber se se me pega algo deles...jeje.
E a planificar as próximas carreiras nas que me vou anotar... A Estrada, Nigrán, Corrubedo, Moaña...pois iso, teño que facer plans..

Saudiños, e boa fin de semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario