Moito tempo agardando, e por fin chegou o domingo!
A verdade é que un cambio de hora non é o máis oportuno para unha carreira pola mañá...pero cómo disfrutei!
Durminme tarde a pesares de acostarme cedo. Unha mezcla de nervos e inquedanza mantíñanme esperto...qué tal me irá mañá? chegarei enteiro? quedarei durmido? noite extraña.
Pero chegaron as 8 e media e sonou a alarma. Alá vamos...almorzo suaviño, café e algo de fruta, coller a mochila preparada previamente, e tirar cara o punto onde quedáramos con Carlos para ir á carreira.
Medio durmido polo camiño, pero moi ameno. Fíxoseme moi rápido. Chegada ó CUVI, e a toda presa a recoller dorsal, quecer, etc. Tiña unha mistura de nervos e ilusión moi grata.
Saída, saio a toda presa, pero tratando de regular forzas...queda moito. Sentinme moi ben durante toda a carreira, aínda que o derradeiro km. fíxoseme bastante longo. Axudaron moito os ánimos de Paula e Carlos cada vez que nos cruzabamos na ida e volta, e por suposto, os de Ticiana coa cámara de fotos disposta a deixar constancia do sufrimento...graciñas!
Moi boa experiencia. Remato nuns, para min, espléndidos 45'19", e sobre todo, cunha moi doce sensación de pasar unha boa maña deportiva, coñecendo novos amigos e coa compaña da eterna compañeira. Voltamos para casa con camiseta de regalo e algo de cansanzo, pero moi boas sensacións...
E que se repita moitas veces!...seguro que sí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario