Pois nada, como hoxe é día de descanso (para que a bocha do pé desafogue un pouco), andamos aquí mirando cousiñas por internet, a pasar un pouqiño a tarde.
Aparte de esta intrascendencia comentada, dicir que xa por fin hoxe rematei uns trámites que tiña que facer para poder obter o título que estaba facendo tempo atrás. e que xa podo dicir que xa son Entrenador Superior de Culturismo, Musculación e Fitness, pola Escola Nacional de Entrenadores, da Federación Española de Halterofilia.
E vos preguntarédesvos... e que ten que ver a halterofilia con correr?
E eu respóndovos... pois que é unha actividade física, e...., e..., bueno, a verdade é que non moito.
O mundo da musculación é outro dos meus intereses e actividades que me gustan, tanto a nivel de hobby como a nivel profesional. Non pensedes que son un cachiñas ou que paso o día no ximnasio, máis ben todo o contrario. Pero é un bo complemento de formación para os meus estudios, e pra poder traballar nun ximnasio, por exemplo, é un bo título.
Xa que non o comentei ántes, dicir que son Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (popularmente coñecido como TAFAD), e tamén teño o título de Monitor de Balonmán da Federación Galega. Estou pensando se sacar o de Entrenador Persoal, e este mes de Xuño, definitivamente, inscríbome para as probas de acceso ó Grao de Ciencias do Deporte e da Actividade Física, a pesares dos meus 30 tacos. Agardemos que haxa sorte e poida pasalas, moita ilusión me faría.
Así que xa sabedes, se necesitades un perfil profesional que encaixe algo co descrito arriba....eu estou no paro!
Autopromoción rematada...
Saudiños
No hay comentarios:
Publicar un comentario