Onte aseguraba que hoxe ía sair a correr, pois dito e feito, espertei pola mañá con intención de cumplir a promesa, a pesares das molestias, que non me paran, na perna esquerda. Iso si, decidido a facer un ritmo suave para non forzar moito a pesares de facer 10 km.
Deixei de tomar os adestramentos de rodaxe continua como se fosen carreiras e ir tentando baixar tempos á vez que sumo kilómetros nas pernas, non é o máis sensato pola miña parte. Asi que decidín hoxe (e espero que de aquí en diante), centrarme en traballar a pulsacións máis baixas para seguir coa mellora cardiovascular e iso, seguir baixando pulsacións.
Así que tomei un café, preparei o atuendo, e saín a rodar pola ruta que onte preparei, e que paso a ensinar agora:
(Por certo, mira que me empeñei en remarcar 10 km., pero o condenado programa sempre me pon uns metros menos!) Sinto que non se vexa moi ben.
Tomei o camiño de casa ata o inicio do carril bici coma quecemento, chego, estiro un pouquiño,e... a rodar!
Saída suave, estando atento ó pulsómetro para non pasarme da conta, aínda que a costa de subida a Monteporreiro fai que disminúa o ritmo sen disminuir as pulsacións.. Dou a volta enteira a Monteporreiro.. cada vez vou sentíndome un pouquiño mellor, logo, encaro a baixada pronunciada ata estar no carril bici de novo, deixándome levar, acelerando un pouquiño, e, agora sí, aumento de ritmo sen aumentar as pulsacións.
Ó rematar o carril bici, atraveso a ponte dos tirantes e dou unha volta enteira á Illa das Esculturas, noto que vou ben e non demasiado canso, aínda que o xemelgo esquerdo empeza a tirar. Volta pra casa dando un rodeo ántes polo barrio para facer os 10 km. xustos.
Total: 10 km. en 58'19" A media das pulsacións, en 158.
É un tempo moi lento (máis de 6 minutos por riba da miña mellor marca en 10mil), pero cumprín o de rodar a pulsacións adecuadas e non tomalo como de unha competición se tratara, e, sobre todo, cumprín o de que hoxe ía sair a correr seguro.
Ó chegar á casa, bebida isotónica, estirar ben, unha ducha reparadora, e a xantar que xa hai ganas: sopa e peixe.
Agora que estou sentado, si que noto un pouco máis a molestia no xemelgo e no nocello esquerdos, dentro dun rato a estirar un pouco máis, e a descansar mañá pra o venres poder facer unhas series, haber se a dor vai marchando dunha vez..
Saudiños a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario