martes, 1 de marzo de 2011

Imos entrando en materia

Pois resulta que hoxe tiña pensado sair a rodar un pouquiño á mañán, uns 8 ou 10 kms., pero a pereza invadiume hoxe, e como perdín a mañán entre espertar tarde e facer un par de recados, deixeino pra tarde, a sabendas de que hoxe non era o día pra sair.
Por outra banda, teño unhas pequenas molestias na perna esquerda, non podo flexionar ben o nocello e por riba do óso exterior do nocello teño algo de falta de sensibilidade, se pincho ahí non me doe!!
Esto provoca que ó camiñar, non poida apoiar ben o talón e teña que camiñar co pé esquerdo plano, así que se hai algún médico na sala..

Decidín entón tomarlle un pouqiño máis de tempo a seguir facendo o blog, actualizando un pouqiño, e colocando un par de fotos que a continuación veredes. As fotos son de direrentes carreiras de hai pouco, veredes cómo me gusta posturear. As mesmas son xentileza, unhas de participantes dos foros de Correr en Galicia (graciñas!), e outras son de Ticiana, que sempre me acompaña e me anima, así que moitos biquiños e moitas gracias! (e deixa de pasalo mal cando saio a correr, que xa o paso eu mal polos dous, jeje)

Mañá, definitivamente, saio a correr. Seguro.

Saudiños.




2 comentarios:

  1. coidado cas molestias, eu era dos que tiña que estar hospitalizado para non saír a entrenar e agora estou feito polvo... de fisio en fisio.

    Saúdos dun compañeiro de CeG.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas LocoXelTriatlon, xa me estou empezando a preocupar porque levo uns 10 días así e non noto melloras nas sensacións...
    Vémonos por CeG

    ResponderEliminar