Hoxe planifiquei un adestramento suaviño... Quero chegar ben á carreira do domingo no cuvi, e non forzar moito a causa da dor que teño na coxa, por mor dunha caída en bicicleta que tiven onte (xa contarei, xa...).
Teño dores ó estar sentado, pero a verdade é que correndo sentinme mellor do que eu pensaba que ía estar. Apenas me resentín da dor.
Corrín pola tarde, agardando que baixara o calor. Quecemento, estiramentos previos á tirada...e a correr.
Fixen 6 km. nun tempo de 32'33", contando que tiven que parar case ó final pra atar un cordón (cando aprenderei e farei dobre nudo).
A 5'25" o km. 165 pulsacións de media. Algo relaxadiño, e con boas sensacións.
Agora, toca agardar ó domingo a facer o meu debut co clube Alejandro Gómez. Se a cousa vai ben, e teño bo corpo, agardo baixar de 50', aínda que facer entre 50 e 52 sería o normal para min...Lembrade que son un novato, pero creo que aínda teño moita marxe de mellora...
Faime ilusión o debut...novos compañeiros, novos amigos, novas experiencias...vouno disfrutar a tope.
Xa contarei que tal me foi...
Saudiños, meus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario