martes, 22 de noviembre de 2011

Pedestre de Campañó e MM Pontevedra...

As dúas derradeiras competicións nas que participei foron estas dúas carreiras celebradas no meu concello...
Imos facer un breve resumo das dúas, últimamente ando un pouco escaso de tempo...xa é tema vello.

A finais de Setembro celebrouse a Carreira Pedestre de Campañó, cunha excelente organización e un percorrido para acabar coas pernas reventadas...foi un sábado pola tarde, e o venres anterior tivera unha cea que mermou as miñas forzas ó día seguinte. O resultado, un crono bastante malo (9650 m. en 48'07" netos), pero fun de máis a menos, e ir adiantando xente pouco a pouco fai que pase mellor carreira que á inversa. Se non houbera corrido con resaca...

E ó rematar a carreira, un pouquiño de descanso e a presenciar a entrega de premios, que tamén incluiu un sorteo de agasallos e un pincho. Todo moi ben, a verdade. Reitero as miñas felicitacións á organización (de 10), e a tódolos veciños da parroquia, animando moito e colaborando para que todo saíra ben, parabéns...

Resumo final...non foi a miña mellor carreira en canto a resultado e sensacións, pero das mellores en canto a todo o que é a carreira...merecedora de ser fixa no meu calendario...

A continuación, a miña cara de sufrimento ó rematar a temible costa do cemiterio (fotos feitas por Pachi, álbum Alejandro Gómez, moitas gracias!!)






E o día 23 de Outubro de 2011, quedará na miña memoria como o día que debutei nunha Media Maratón, e foi aquí na casa...O día foi duro, moita choiva, moito vento, e moito respeto que lle tiña ós 21.097 m.

A noite anterior durmira ben, deixara todo preparado para a gran cita. Espertei cedo e almorcei xusto pero ben. Xa fixera algúns adestramentos para a distancia, pero non puiden evitar os nervos de cómo sairía a carreira. A sombra do abandono pesábame moito...
Así que empecei suave, quizáis demasiado suave, e pouco a pouco fun sentíndome mellor. Un pequeno baixón asomou entre os kms. 13-15, pero superei o contratempo e os derradeiros 3-4 kms. foron de desfrute pleno. O meu tempo foi mellor do que pensaba, pero seguramente lle tiña demasiado medo á distancia...estou seguro de que se fora algo máis seguro de mí mesmo, o meu tempo sería bastante mellor...o abandono non pasou nen un só momento pola miña cabeza, e desfrutei moito da carreira. A vindeira vez, xa con esta experiencia nas miñas pernas e na miña cabeza, estou seguro de que o resultado será bastante mellor...

Fotos da MM de Pontevedra (feitas por Paula, Clube Alejandro Gómez, moitas gracias!!)





Continuará....
E a vindeira carreira, a Subida ó Castro (Vigo), o 11 de Decembro.
Deica...

Resultados...

MM Pontevedra 2011
Pedestre de Campañó 2011

lunes, 31 de octubre de 2011

Cousas que contar...

Xa vai moito tempo que non paso por aquí e escribo unhas cantas cousas... e moitas son esas cousas que teño que contar. Comecei unha nova etapa na miña vida, de novo coma estudiante, e tentando sair cara adiante como se pode...os tempos son duros...

En vindeiros días (eso espero), irei facendo as crónicas das carreiras de Campañó, e da Media Maratón de Pontevedra, carreira importante para min por ser o meu debut na distancia, e ademáis, aquí na casa...tíñalle moito respeto á distancia, e por riba con tanto traballo e tanta clase, no derradeiro mes deixei un pouco de lado os adestramentos. Tamén é culpa deste extrano verano que nos visitou en setembro e outubro...con tanto calor, a ver que sae a rodar!!

Pois un pouco o mesmo de outras veces...prometo sacar tempo de donde sexa e dedicarlle uns cantos minutos diarios?? semanais?? a non deixar que morra este pequeno recanto de expresión extrana...

Saúdos...

martes, 30 de agosto de 2011

IV Carreira Pedestre de Campañó...

Pois despóis dun agosto sen carreiras (dende o 25 de xullo, concretamente), e incrementando os adestramentos de cara a facer a media maratón de Pontevedra, aínda non teño moi claro se poderei asistir ós 10 km do Berbés do 11 de setembro. Mentres dura a incertidume, o que si é seguro é que o día 17 participarei na carreira pedestre de Campañó, preto da casa, con moitas ganas de voltar a correr cunha morea de xente equipada con dorsais e chips...
Deixo aquí o regulamento da proba para que quede constancia del...


IV CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ, GRAN PREMIO HOTEL CAMPANIOLA

Data e hora
Sábado, 17 de setembro de 2011, 17:10 h

Lugar:
Campo de Festa de Cabaleiro - Campañó (Pontevedra)

Organiza:
Asociación Cultural Deportiva Campañó

Regulamento Xeral

Horários, distancias e categorias

Hora Categoría Distancia en metros lineais
17,10 Benxamín masculino e femenino 500 (Unha volta ao circuito)
17,20 Alevín masculino e feminino 800 (Unha volta ao circuito)
17,40 Infantil masculino e feminino 1.600 (Duas voltas ao circuito)
18,00 Cadeta masculino e feminino 1.600 (Duas voltas ao circuito)
18,20 Chupetes 120 (Teleclube - campo da festa
18,25 Pitufos 170 ( Cruce Cabaleiro a Cochón)
18,45 Xuvenís 3.200 ( Unha volta ao circuito)
18,45 Junior, promesas, seniors e veteranos masculino e feminino 9.600 (Tres voltas ao circuito)

Categorias
- CHUPETE: nados no 2007 e posteriores
- PITUFO: nados no 2004-2005-2006
- BENXAMÍN: nados no 2002-2003
- ALEVÍN: nados no 2000-2001
- INFANTIL: nados no 1998-1999
- CADETE: nados no 1996-1997
- XUVENIL: nados no 1994 -1995
- JUNIOR: nados no 1992-1993
- PROMESA: nados no 1989-1990-1991
- SENIOR: nados entre 1988 ata 1971
- VETERANOS A: nados dende 1970 ata 1961
- VETERANOS B: dende 1960 ata 1951
- VETERANOS C: nados antes de 1950

Inscricións
1. Os participantes poden formalizar a sua inscrición das seguintes formas:
Categorias benxamín, alevin, infantil cadete, xuvenis, junior, promesas, senior e veteranos masculino e feminino en www.championchipnorte.com Chupetes e pitufos no E-mail: elias.dominguez.cabral @ gmail.com. Ou, se eres de Campañó, nas delegadas da Asociación Cultural Deportiva Campañó. A data límite para anotarse é o 14 de Setembro ás 20,00 horas. Non se admitirán inscripción o día da proba.
Precio de inscrición
Categorías menores dende pitufos ata xuvenis inclusive: gratuita. Nestas categorías, para inscricións por championchipnorte, deben marcar desconto de categorías menores si non son propietarios de chip
Categorías absoluta (9.600): 2€ non propietarios de chip amarelo. Propietarios de chip championchip: gratuita. Se alguén da absoluta marca desconto de categorías menores, será eliminado dos listados.

2. Premios

Chupetes e Pitufos: Medalla e obsequio New Balance.

Resto categorías: Trofeos para os tres primeiros e obsequio New Balance para todos os participantes.

Premios carreira absoluta (Feminino e masculino):
1º premio: Trofeo e premio en metálico de 300,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 200,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 100,00 €

Premio especial para 1º corredor e corredora de Campañó

3. As probas darán comezo ás 17,10 h. do sabado 17 de setembro de 2011. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
4. A proba estará controlada por xuices.
5. A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.
6. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
7. A clasificación será absoluta e por categorías: premiarase ós primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres). Serán vencedores absolutos os primeiros home e muller en atravesa-la liña de meta. Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o da súa categoría ó clasificado en segundo lugar. Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estén comprometidos polo arriba exposto. Para optar ó trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado na Parroquia de Campañó dende xaneiro do ano en curso.
8. A Comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibi-los participantes na carreira, ainda que en todo momento verán polo seu normal desenvolvemento cun servicio especial de ambulancias.
9. Dado o carácter popular da proba o Comité organizador espera de tódolos participantes o máis alto espíritu deportivo posible.
10. CIRCUITO: Indicado no cadro de Horários, distancias e categorias.

INFORMACIÓN ADICIONAL

Unha vez finalizada a proba haberá un pincho e bebidas refrescantes para todos os participante e acompañantes.
GRAN SORTEO de diferentes obsequios entre tod@s os participantes.
A partir das 22:00 horas gran verbena.


Verémonos por alí...Un saúdo!!


miércoles, 27 de julio de 2011

Crónica da carreira de Santiago Peregrino de O Burgo (Pontevedra)...

O día 25 de Xullo, festividade de Galicia, e do barrio do Burgo, celébrase tódolos anos unha carreira popular de carácter moi familiar, sinxela, sen chips nin arcos de meta...sinxelamente uns amantes do deporte con gañas de correr, e unha organización con gañas de facernos pasar unha boa mañá deportiva...moitas gracias para eles.

Así que esta vez non hai fotos, nin clasificación, pero ten o seu encanto especial...é a carreira do meu barrio, xa pola súa XV edición.

Levo tempo sen adestrar, agora mesmo estou máis concentrado en conseguir cartos para poder sacar adiante a matrícula da carreira, e entre traballiños que me van saíndo, teño menos tempo do que eu quixera para poder poñerme a punto...despóis do verán hai un par de carreiras importantes, medias maratóns, nas que teño máis que gañas de participar, e teño que facer unha preparación mínima para poder a lo menos rematalas.

Coa dúbida de qué tal me atoparía na carreira despóis de só adestrar un día en todo o mes, levanteime ántes das 9 da mañá para poder almorzar e preparar todo con calma...e despóis, tirar cara a mesa onde se recollen os dorsais. Quecer un pouquiño, e a agardar á saída...

O circuíto era prácticamente todo de terra (na saída levantouse unha fumeira de pó bastante importante), nas marismas da Xunqueira de Alba. A distancia era duns 4750 m. aproximadamente (4930 m. segundo a organización).


Era todo terreo moi chan, só había unha pequena subida ó dar volta ó lado do parque de cans, pequena pero que no meu estado de forma actual fai algo de dano...
Quizáis saín demasiado rápido...ó chegar ó primeiro paso polo miradoiro, xa notaba que aínda sendo unha carreira corta, algo ía sufrir...durante bastante tramo quedei case que só no traxecto...o grupo de adiante tiraba de máis, e os de atrás non daban contactado comigo...levaba as pulsacións bastante altas, e as sensacións non eran moi boas...teño que adestrar!!!

Na recta final, duns 800 m., non me daba chegado o final...tentei apretar un pouco pero as pernas non daban moito de sí, esa recta fíxoseme bastante longa...
Chego á liña de meta, paro o crono e entrego o dorsal, para a continuación recoller unha bebida e a camiseta de regalo, e directo ó chan, a descansar...carreira curta pero rematei desfondado...na miña cabeza só hai un pensamento... hai que volver a adestrar duro!!!

Ántes de estirar, miro o reloxio... tempo total 20'49". A 4:24 o km. aproximadamente...mellor tempo do que pensaba que ía a ter, pero as sensacións non foron demasiado boas...falto de ritmo.

Despóis de recuperar un rato, tirar cara a entrega de premios...sei que nunca vou recibir ningún, pero desfruto moito vendo ós bos corredores recollendo a recompensa ó seu esforzo. Noraboa a tódolos gañadores, entre eles o grande Manuel Rosales, coma sempre incombustible...

Agora, a pensar na volta ós adestramentos (esta semana toca), na volta á universidade, nos vindeiros obxectivos...en Setembro está a carreira de Campañó, pero ántes quería facer algunha máis...a ver se pode ser a de Praia América do 14 de Agosto, toda pola praia, ten moi boa pinta...pero iso dependerá un pouco de todo...o estado de forma, a posibilidade de que alguén me acerque ata Nigrán, etc...

Pronto haberá novidades...de momento déixovos aquí unhas reseñas dixitais sobre a XV Carreira Santiago Peregrino de O Burgo...deica pronto...

Faro de Vigo
La Voz de Galicia

miércoles, 20 de julio de 2011

Máis vale tarde que nunca...crónica de San Xoán...

Pois sí...o que dí o título da entrada...máis vale tarde que nunca. Case que cun mes de retraso, aquí vai a crónica da carreira de San Xoán de Vigo.
Ó comezo da tarde, Ticiana e máis eu collimos o tren cara Vigo e fumos cara o concello, lugar da saída. Un pouquiño de tempo para descansar, comer un plátano e beber un pouco ántes de comezar a quecer para a carreira.
Os dorsais collíanos Alejandro Gómez, que tiven o pracer de coñecelo persoalmente nese momento, e ter unha pequena charla con él (moitas gracias por todo o que fas por nós). Tamén tiven oportunidade de coñecer a algúns membros máis do clube, así como de volver a atopar a Carlos e Paula. Unha foto de grupo ántes da carreira...



Despóis, a preparación da carreira...colocar a equipación, pór o dorsal, quecer...
Na carreira, saín na parte de atrás, quería ir de menos a máis. Ó principio, tentando regular, coma sempre. Pero chega un momento en que a cabeza deixa paso ó corazón, e deixo de regular forzas para pasar a dar todo o que levo dentro, co conseguinterisco de reventar, ou de que a carreira se me faga moi longa...máis ou menos á metade do traxecto, collín un grupo de corredores do Floristería Sío, que ían falando sobre como regular, cando aumentar o ritmo, cando baixar, e decidín ir con eles bó traxecto da carreira...


Nesta imaxe pódese ver como vou seguindo o seu ritmo (gracias).

Pero chegada a longa recta final, decido marcar o meu propio ritmo, o malo é que o vento viña de contra e quedei eu só tirando durante uns intres...nótase moito. Nos momentos que puiden correr detrás de alguén, fíxeno, pero non foron moitos...a esas alturas de carrera, ou adiantas a xente que ven máis despacio, ou és adiantado por xente que ven máis rápido...chego ó final moi canso. Pola mañá estivera facendo o adestramento das probas de acceso a Cc. do deporte, e as pernas non dan máis de sí...
Pero ó ver o arco de meta, fago un esforzo final, voto un sprint, e consigo adiantar a 5 ou 6 corredores na recta final...remato reventado...8200 m. en 35'10"...
Coller a bebida, sentar, e 5 minutos despóis, tras despedirnos de Alejandro, Carlos, Pachi..., tirar correndo cara a estación de tren!!! xa que tiñamos 20 minutos para coller o derradeiro. Chegamos a tempo, pero a viaxe...menuda viaxe...coas pernas desfeitas, ó non poder estirar, famento...



Clasificación Carreira de San Xoan (Vigo)

Chegada a meta San Xoan A entrada, no minuto 2:19 do video
(Moitas gracias a mato grosso)

E despóis, ducharme rápido e a celebrar o San Xoán...na praia fluvial, cunhas hamburguesas, unhas cervexas, e uns amigos...paseino moi ben, pero rematei o día derreado...

Noutro ámbito, suliñar que a finais de Xuño tamén fixen por fin, as probas de acceso a Cc do Deporte, e a cousa foi máis que ben...paseinas todas...á primeira!! agás a de explosividade dos membros superiores, que necesitei do segundo intento...a espera por ver se entraba na carreira dependendo da nota foi insufrible...pero todo mereceu a pena...xa fixen a matrícula, e xa está confirmado...son estudante de Cc. da actividade física e do deporte!!!
Estou moi contento...o esforzo tivo o seu premio!!! agora, a dalo todo!!!

Levo algún tempo sen adestrar, pero cedo voltarei...o vindeiro obxetivo, a Carreira de Santiaguiño de O Burgo, o día 25...

miércoles, 22 de junio de 2011

Canto tempo...

Xa ía bastante tempo que non escribía ningunha entrada no blog, e xa son horas de ir retomando a cousa...
De momento, un par de novas...mañá vai ser un día bastante axetreado. Pola mañá, ás 10 e media, vou para a facultade de cc. do deporte, que os alumnos da licenciatura organizan un adestramento previo ás probas, que terei que facer o luns ou martes, aínda non o publicaron.

E pola tarde, toca correr...dende Moaña que non facía ningunha carreira, así que despois de comer e dunha máis que probable sesta, a tirar cara Vigo para a Carreira nocturna de San Xoán, que comeza ás 21:15. E nada máis rematar de correr, marchar a toda velocidade para non perder o derradeiro tren, ou o derradeiro bus...

Próximamente máis novidades...un saúdo.

jueves, 19 de mayo de 2011

Crónica de Moaña...

A verdade é que tiña moitas ganas de volver a participar nunha carreira... o ambiente, a xente, todo...
Despóis de adestrar durante algúns días en cinta para non forzar demasiado o maltreito xemelgo, parecía que todo apuntaba cara un extraordinario día de carreiras...e así foi.

Ticiana e máis eu collimos o tren cara Vigo ó mediodía. O plan era dar unha voltiña por alí e comer algo. Algo de pasta para non botar o fígado durante a carreira. Ántes das 4 da tarde, quedamos con Paula e Carlos, para ir cara Moaña. Coma sempre, portándose xenial con nós, non teño palabras dabondo de agradecemento.
Tamén viña Anxo, para correr na categoría de chupetes.

Chegamos a Moaña. Moita calor e vento. Recollemos os dorsais, e andamos á espera de que corran os máis pequenos. O ambiente era moi bo. Nesta carreira, Anxo, a pesares dunha caída inicial, fixo unha tremenda remontada e nos derradeiros metros adiantou a uns cantos, quedando en 2º posto... Noraboa!!!

Tempo despóis, a hora de comezar a quecer. Non tivera unha boa semana, a verdade. O asma deume forte por culpa da alerxia, e varias noites espertei con falta de respiración. Teño que ter bastante controlado o tema.

Hora de ir cara á saída. Típicos nervos, apesares de que non nos xogamos nada e de que vamos para desfrutar...Dan a saída e... a correr!!

Eran tres voltas a un circuito que ía en subida, para logo baixar, e sumar un total de 5500 m. O sol pegaba bastante forte, eu ía medio seco, e na subida o vento non axudaba nada.
Durante a carreira, tiña a Carlos como referencia visual, ía uns 10-15 segundos por diante. Iso sí na derradeira volta perdino, quizáis non regulei demasiado ben...seguramente. Ó final, bastante canso. Cheguei só á meta, sen ninguén nin diante nin detrás. E como o público era moi animoso (o que se agradece moito), aproveitei para desfrutar dos meus humildes segundos de gloria, jejeje...

  
Pódese comprobar na foto, que o meu nivel de flipalo andaba polas nubes, jeje.

En resumo, o meu resultado foi de 5,5 km. en 23'48" (23'40" tempo real). Posto 95 de 166. Se chego a quedar de 1º, non sei o que faría...
Moi boa carreira, boas sensacións, boa organización, moi bó público...pouco máis se pode pedir...

De novo, moitas gracias a Pachi e a Carlos. Sodes os mellores. E noraboa a Anxo, és todo un campión.
E coma sempre, para rematar, unhas fotiños da carreira. Cortesía de foreiros de Correr en Galicia, e de Ticiana, que tanta paciencia ten comigo, e tanto sofre cando saio a correr...Gracias!!

O vindeiro obxetivo...de momento, a carreira nocturna de San Xoán en Vigo. Iso seguro. Dependendo de cómo me vaia no resto de obrigas que teño, teño en mente a de Gondomar, ou a de Cambados, non sei...todo depende de cómo vaia na preparación das probas de acceso á CC. do deporte, de se me presento ás PAAU voluntarias, etc. Agárdanme un final de Maio e un mes de Xuño bastante complicados...

O que é seguro, é que en San Xoán, estarei en Vigo.

Saudiños a todos...










martes, 10 de mayo de 2011

Obxetivo Moaña...

Pois este mes decidín voltar ó ximnasio por unha serie de razóns: a 1ª, comezar a preparar ben as probas de acceso a CC do deporte, que son a finais de Xuño; a 2ª, faime moita falla retomar a piscina e comezar de novo a nadar; a 3ª, correr na cinta reducirá o impacto nas pernas, así que podo mellorar o xemelgo e non castigalo tanto; a 4ª, a sauna, o jacuzzi...

Tamén comentar que este sábado pola tarde vou participar na miña seguinte carreira...a X Carreira Popular Concello de Moaña, de 6000m., haber cómo vai a cousa...

Pensando na carreira, fixen o venres e o luns dúas tiradiñas en cinta para ir preparándome un pouco.
O venres: 5 km. en 25'53", a 5:10 o km.
O luns: 6 km. en 31'23", a 5:13 o km.

E hoxe fixen un pouquiño de nado estilo libre na piscina, que teño que coller moita práctica. E logo, visita ó jacuzzi para relaxar...

Haber que tal o sábado, xa contarei, e os adestramentos do resto da semana, que teño que organizar un pouquiño...

Saúdos...

jueves, 5 de mayo de 2011

Crónica de O Corgo...

O prometido é débeda, así que aquí vai a crónica da carreira do Sábado en O Corgo. Agardo que vos guste...

Quedara con Pachi ás 3 da tarde para que me pasara a recoller e tirar cara Rianxo, onde nos agardaba Carlos para tirar cara a carreira. Tras o Paso por Rianxo, collemos estrada cara Ribeira, con tempo dabondo como para recoller os dorsais tranquilamente, facer un quecemento bó, tomar posicións con tempo... qué bó é ir con tempo de sobra ós sitios...

A carreira comeza ás 5 e media. Por diante, 8 kms. de terreo rompepernas e bastante duro, incluíndo praia, herba, camiños forestais, desniveis bastante duros...moi completiño todo. Iso sí, a paisaxe e o entorno, fermosísimos.

Carreira moi dura, e tal e como estaba o meu xemelgo, era probable que algo me resentira... non hai máis que ver a cara de sufrimento que tiña, máis ou menos, á metade da carreira:


No km. 5, había un desnivel importante que tiñamos que superar mediante unha cordada. A cousa foi dura, pero mereceu moito a pena...




Neste intre en que levanto a perna, foi porque caía unha pedra grande dende arriba, e eu afasteina cara un lado cun toque de interior exquisito.
Tras o grande momento da cordada, o máis duro aínda quedaba por vir. Unha subida moi longa e espectacular na que case todo o mundo comezou a camiñar, xa que avanzaba máis rápido andando que correndo. Uff... que sufrimento!!
E a partires de ahí, os dous kms. finais, mezcla de subidas leves e baixadas pronunciadas para incrementar a velocidade, ántes de chegar ó tramo final de asfalto, de cara á meta.

Resumo: carreira moi sufrida e dura, pero que á vez é unha das carreiras máis fermosas polo entorno, a mesma dureza, a boísima organización (con moitos premios e regalos incluídos), o bó ambiente...agardo repetir en vindeiros anos, encantoume...

O meu resultado final, posto 153 de 217. 8 duros kms. en 41'53".
O desglose dos kms:

Km 1: 4'23"
Km 2: 5'39"  Aaaayyy, a area da praia...
Km 3: 4'06"
Km 4: 5'24" 
Km 5: 5'37"  A cordada pasa factura...
Km 6: 7'27"  É que a costiña tiña tela, tela...
Km 7: 4'36"
Km 8: 4'41"

Aquí deixo o enlace á Clasificación da carreira: Clasificación da V Carreira de O Corgo

E algunhas fotiños máis. Coma sempre, gracias ós foreiros de Correr en Galicia polas mesmas.

E, de novo, moitas gracias a Pachi e a Carlos por todo o seu apoio e a súa axuda...e noraboa polo seu 2º posto en categoría de parellas!! sodes uns cracks!!


Noraboa!!!!!!!!!

Sen máis, ata a vindeira crónica de carreira, ou mellor dito, ata o vindeiro adestramento...

miércoles, 4 de mayo de 2011

Despóis de O Corgo...

Hoxe vou un pouquiño pillado de tempo, así que só vou deixar constancia escrita do meu lamentable adestramento de hoxe, e próximamente farei a miña crónica detallada de cómo foi a carreira do sábado en Corrubedo. Só dous apuntamentos iniciais para que sirvan de anticipo:

- Carreira moi esixente, trazado rompepernas, con cordada incluída para salvar un desnivel importante, pero nun entorno moi fermoso e cunha organización excelente.

- Hai moitas fotos para poñer aquí, nas que saio eu, cunha cara de sufrimento que é digna de ver...e da entrega de premios, nas que Carlos e Paula acadaron o segundo posto por parellas. Noraboa!!! e moitas gracias por todo.

Pero eso será próximamente, na agardada crónica da carreira de O Corgo, by Pablo.

Con respecto ó de hoxe, pouco que engadir...só mirar os resultados dan idea de cómo foi a cousa:

8,34 km. en 49'17". A 5:54 o km. 163 ppm de media. Bastante mal...

O dito, próximamente, o resumo completo da carreira de O Corgo... ata daquela,saúdos para tod@s.

jueves, 28 de abril de 2011

A voltas coa perna...e coa cabeza

E mira que xa levaba tempo sen escribir nen unha notiña por aquí...
Vaia co xemelgo, saiume rá. Tomei un par de semaniñas de descanso (ou algo menos) para que mellorara, dándolle calor e moitos estiramentos, sen facer nada de nada que o puidese forzar. A carreira de Nigrán do día 24 xa quedara descartada, o importante era recuperar ben...
Entón, o meu obxetivo pasou a ser poder empezar a correr de novo, sinxelamente, sen molestias e que o músculo recuperara ben. Xa pode, coa de mimos que lle din todos estes días...
E esta semana reanudei os adestramentos. Algo suave, sen moitas pretensións. Só comprobar cómo ía evolucionando a perna e ir recuperando algo de forma, porque parece mentira, pero en dúas semanas perdín bastante forma e gañei un par de quiliños...Tamén para ver se podo facer en condicións a carreira de O Corgo-Corrubedo, do día 30. É unha carreira distinta ás demáis, que merece moito a pena facer...

Regulamento e máis cousas da Carreira de O Corgo



Os resultados dos adestramentos desta semana, son os seguintes:

Luns, 25 de Abril:  4,16 km. en 23'16". A 5:35 o km.
Mércores 27 de Abril:  7,61 km. en 41'46". A 5:29 o km.
Xoves 28 de Abril:  4,16 km. en 21'13". A 5:06 o km.

Xa comento que foron unhas tiradas curtas para ver cómo ía a perna, e comprobar cánto de forma perdera...
Sensacións extranas. Dun lado, o xemelgo parece que responde ben, ainda que o Luns, certo tempo despóis de rematar de correr, empezei a notar un lixeiro tirón. Pero parece que bastante ben...

Por outra banda, a cabeza non nestá de todo comigo. Penso que podo recair en calqueira momento, non sei, non as teño todas comigo...

Agora, toca descansar mañá e facer moito estiramento e calor na perna. Creo que farei unha derradeira proba o sábado cedo para ver se estou ou non estou. Haber que ocorre...xa contarei o desenlace final desta historia.

Saúdos

miércoles, 13 de abril de 2011

Fixémola boa..

Saín hoxe a adestrar, temeroso por unhas molestias no xemelgo esquerdo que me veñen amolando durante unha tempada, e foi o maior erro que puiden cometer...

A pesares de quecer e estirar ben, cando levaba soamente 2 kms., empezou a molestia de novo...baixo o ritmo, e nin aínda así...teria que parar inmediatamente ó primer aviso!!
Estirei, camiñei, pero a presión no xemelgo aumentaba, paracía que ía a reventar, e pouco a pouco uniuse unha falla de forzas na perna e a conseguinte coxeira.

E estaba a uns 3 kms. da casa, así que a volta foi un suplicio, camiñando, con dores...tardei unha eternidade.
Por fin cheguei e ó estirar a zona doíame bastante, ó tocala dóeme bastante, ó baixar as escaleiras , outra vez..dóeme bastante...e case non podo flexionar o nocello nin camiñar con normalidade...

Dame que, lamentablemente, vou a ter que estar unha temporadiña parado...Espero que non se me fastidiara a carreira de O Corgo-Corrubedo, o día 30 de este mes, coas gañas que teño de participar nela!!

Haberá que agardar, ser pacientes, e haber qué pasa, pero todo por culpa de non parar a tempo..

Saúdos

lunes, 11 de abril de 2011

Espero que non teña nada...

E levaba varios días sen adestrar, dende o mércores pasado. Por un lado, por mor de novas clases, novos alumnos, tarefas da casa... Por outro, aproveitando a coiuntura, para descansar dunhas lixeiras dores na corva esquerda, como se tivese o xemelgo cargado.
Pero algún día hai que voltar, e fíxeno hoxe. Quería facer algo máis longo, pero non quería meter 18 km de golpe, máis cando levo 6 días sen facer nada.

Así que fixen 8,32 km, en 47'16", a 5:41 o km.
Aproximadamente na metade do traxecto, e a pesares de quecer adecuadamente, volvín a sentir o tironeo na corva, que unido a unha lixeira falla de forza, fai que comeze a preocuparme un chisco, espero que non sexa nada...
De novo moita calor, ir pra casa a estirar e pra ducha.

Tamén felicitar ó meu clube, o Club Alejandro Gómez, que onte na Vig-Bay acadou o 3º posto por equipos e 2 podiums en categorías femininas. Foi unha pena non poder ir, tiña moitas ganas.. Noraboa a todos/as, e verémonos pronto compartindo carreiras!!

Clasificación Vig-Bay 2011

Un saudiño...

jueves, 7 de abril de 2011

A toda velocidade...

Onte non puiden anotar o adestramento realizado, e hoxe vou pillado tamén de tempo, así que deixo aquí os datos e listo...
Quecemento.
2 km. a ritmo lento (6 m/km máis ou menos) para preparar algo as pernas para unhas series curtiñas. Tempo: 12'14".
5 series de 100 m., 1' de repouso entre series:
Serie 1: 15"00
Serie 2: 15"98
Serie 3: 16"34
Serie 4: 16"87
Serie 5: 17"50
20 min. de trote moi suaviño para enfriar un pouco. Estiramentos na casa.

lunes, 4 de abril de 2011

Haberá que ir á praia...

Pero que calor que vai!... os meus vellos foron de vacacións a Huelva, e seica que polo clima case que lles cundía quedar aquí...
De novo, por non variar, saio ó mediodía a adestrar. E con uns 25º, moita para esta época do ano...

Quecemento.
5 km a ritmo vivo. Tempo: 23'17". A 4:39 o km.
20 minutiños máis de trote suave para enfriar...
... e para casa a estirar.

O mércores, se todo vai ben, teño pensado facer unhas series de velocidade, e o venres, unha tirada longuiña... uns 15 ou 16 kms.

Noutro tipo de cousas, o sábado disputouse en Pontevedra o Campionato de España de 10000m en pista, tamén Trofeo Ibérico.
No Trofeo Ibérico gañou Portugal, tanto en categoría masculina como en feminina.

Con respecto ó campionato de España, os novos campións de este ano son Ricardo Serrano (Kafewake Li Ning Guadalajara) con 28:42.91 e Isabel Checa (Atletismo Silla) con 32:48.76. Parabens!!


Tamén é un grande espectáculo poder ver corredores coma os keniatas Vincent Rono e Vivian Cheruiyot (recente campiona do mundo de cross en Punta Humbría). Van como motos!! Ambos gañaron as respectivas probas masculina e feminina, indo como lebres dos demáis corredores.

Parabéns tamén para Rui Silva (medalla de bronce en 1500m en Atenas'04), xa que conseguiu marca para participar no Mundial da especialidade en Corea.

Aquí vai o enlace ás clasificacións da competición: Clasificacións Campionato de España 10000m-Trofeo Ibérico

En definitiva, unha excelente tarde de sábado desfrutando do mellor do atletismo actual...

Saudiños.



viernes, 1 de abril de 2011

Vaia calor...

Parece que chegou o verán...aínda que sexa por un día.
Moita, pero que moita calor hoxe. Pasei pola praia fluvial e estaba ateigada de xente, tomando o sol, dándose un baño...e que nun só día subiu a temperatura 10 graos de golpe, e semella que mañá, vai ocorrer o mesmo pero á baixa.

Tiña pensado facer unhas series, pero con tanto calor mediteino ben e cambiei por unha rodaxe algo tranquiliña, non é cuestión de forzar con esta temperatura...e pola Senda do río Lérez, que hai abundantes árbores e a sombra sempre ven moi ben nestes casos.

Así que 15 min de quecemento. E a rodar 8 km. polo camiño... tempo total: 45'35". O mesmo ritmo que antesdonte.

Volto ó punto de inicio...teño bastante sede e gañas de refrescarme. Pensei durante un intre darme un baño na praia fluvial, pero o primeiro era atopar unha fonte donde botar un groliño...
Así que vou cara a illa das esculturas, e mentres, fago o enfriamento. Atopei a fonte!..ai, que gustiño unha pouca de auga...

E para casa a estirar é á ducha, na próxima, de seguro que aproveito para nadar un pouquiño pola praia do río.

Mañá voume acercar ata as pistas do CGTD, onde se celebra o Campionato de España de 10000m. Vai haber moi bos competidores, asi que haber se se me pega algo deles...jeje.
E a planificar as próximas carreiras nas que me vou anotar... A Estrada, Nigrán, Corrubedo, Moaña...pois iso, teño que facer plans..

Saudiños, e boa fin de semana.

miércoles, 30 de marzo de 2011

A volta ós adestramentos...

Pois despóis do éxito do domingo, e dun par de días de descanso, xa ía tocando coller as zapatillas de novo..
Cousa suaviña, escollín facer un par de voltas á ruta que teño marcada ó redor do barrio.

O resultado foi de 8,32 km en 47'22" (qué diferencia cós ritmos de competición...).
A 5:41 o km, 166 pulsacións de media. Moita humidade, demasiada. Ó poco de empezar a correr xa se empeza a suar moitísimo, e a camiseta remata por pesar moito, a pesares de saír con chuvasqueiro...

Agora ando a argallar que tipo de series preparar para o venres, así como cáles serán as vindeiras carreiras nas que vou a participar..pode que en Nigrán, pode que en Corrubedo...non sei, teño que planificar.

Por outra banda, déixovos aquí o enlace ás clasificacións dos 10 km do CUVI do domingo, por se alguén gusta de ver...eu estou no posto 366...
Clasificación 10 km cuvi

Saudiños...

martes, 29 de marzo de 2011

Unhas fotiños...

Como hoxe decidín tomarme un día extra de descanso, aproveito para colgar algunhas fotiños da carreira do domingo no cuvi, nas que saio eu por suposto, jeje...

As fotos son xentileza de Ticiana (graciñas), e dos foreiros de Correr en Galicia, que fan uns excelentes traballos fotográficos...Moitas gracias para eles/as!










E mañá, a adestrar un pouquiño...

Saúdos...

lunes, 28 de marzo de 2011

E chegou o domingo...

Moito tempo agardando, e por fin chegou o domingo!
A verdade é que un cambio de hora non é o máis oportuno para unha carreira pola mañá...pero cómo disfrutei!
Durminme tarde a pesares de acostarme cedo. Unha mezcla de nervos e inquedanza mantíñanme esperto...qué tal me irá mañá? chegarei enteiro? quedarei durmido? noite extraña.
Pero chegaron as 8 e media e sonou a alarma. Alá vamos...almorzo suaviño, café e algo de fruta, coller a mochila preparada previamente, e tirar cara o punto onde quedáramos con Carlos para ir á carreira.

Medio durmido polo camiño, pero moi ameno. Fíxoseme moi rápido. Chegada ó CUVI, e a toda presa a recoller dorsal, quecer, etc. Tiña unha mistura de nervos e ilusión moi grata.

Saída, saio a toda presa, pero tratando de regular forzas...queda moito. Sentinme moi ben durante toda a carreira, aínda que o derradeiro km. fíxoseme bastante longo. Axudaron moito os ánimos de Paula e Carlos cada vez que nos cruzabamos na ida e volta, e por suposto, os de Ticiana coa cámara de fotos disposta a deixar constancia do sufrimento...graciñas!

Moi boa experiencia. Remato nuns, para min, espléndidos 45'19", e sobre todo, cunha moi doce sensación de pasar unha boa maña deportiva, coñecendo novos amigos e coa compaña da eterna compañeira. Voltamos para casa con camiseta de regalo e algo de cansanzo, pero moi boas sensacións...

E que se repita moitas veces!...seguro que sí.

viernes, 25 de marzo de 2011

Agardando ó domingo...

Hoxe planifiquei un adestramento suaviño... Quero chegar ben á carreira do domingo no cuvi, e non forzar moito a causa da dor que teño na coxa, por mor dunha caída en bicicleta que tiven onte (xa contarei, xa...).
Teño dores ó estar sentado, pero a verdade é que correndo sentinme mellor do que eu pensaba que ía estar. Apenas me resentín da dor.
Corrín pola tarde, agardando que baixara o calor. Quecemento, estiramentos previos á tirada...e a correr.

Fixen 6 km. nun tempo de 32'33", contando que tiven que parar case ó final pra atar un cordón (cando aprenderei e farei dobre nudo).
A 5'25" o km. 165 pulsacións de media. Algo relaxadiño, e con boas sensacións.
Agora, toca agardar ó domingo a facer o meu debut co clube Alejandro Gómez. Se a cousa vai ben, e teño bo corpo, agardo baixar de 50', aínda que facer entre 50 e 52 sería o normal para min...Lembrade que son un novato, pero creo que aínda teño moita marxe de mellora...
Faime ilusión o debut...novos compañeiros, novos amigos, novas experiencias...vouno disfrutar a tope.

Xa contarei que tal me foi...

Saudiños, meus.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Cousa rapidiña...

Chegou a primavera e parece que con ela o verán tamén...
Que ninguén me malinterprete.. encántame o calor, poder ir á praia, os días longos...
Pero só hai unha situación na que non dou aturado o calor que está facendo todos estes días, e esa situación é a de adestrar.
Como estou acostumado a adestrar de media mañá (en inverno eche moi agradecido), o sol do mediodía está a pegar forte, polo que en certas ocasións, o correr convírtese nunha odisea...
En fin, que hoxe propúxenme facer pouco pero a bo ritmo.
Quecemento, correr 4,16 km. a ritmo vivo, e a estirar para casa que é onde máis fresquiño se está.
A ruta percorrida...



O resultado do adestramento:
4,16 km. Tempo: 19'24"
4:39 o km.  12,87 km/h de media.
Pulsacións medias 176
E moita, moita calor...

Por outra banda, comentar tamén que onte estiven en Vigo, para probar a roupa do clube. Probeina na estación de tren,jejeje.
Quedei alí con Paula, a secretaria. Agradézolle moito todo o que fai por nós. E o domingo, fago o debut oficial co clube,nos 10 km Cidade Universitaria de Vigo, haber que tal se nos da... Con facer entre 50' ou 52' xa estaría contento, pero sobre todo,a disfrutar, coñecer ós compañeiros, e...que non faga moito calor!!

Saudiños.

lunes, 21 de marzo de 2011

Probando, probando...

Pois coma o domingo fago a miña "estrea" nunha carreira, os 10 km do CUVI, tomei hoxe para facer unha proba previa e ter algunha referencia de tempo de sobre cómo podería ir.
Mans á obra, vou quecendo ata o carril bici de Monteporreiro. Chego á saída. Por diante, 10 km. que terei que facer como se fose a ritmo de competición...

Boas sensacións, a pesares de que vai moita calor e o cansanzo vai facendo mella pouco a pouco...quizáis saín moi rápido..pensaba para min mesmo.

Os tempos que ía marcando dicíanme que a cousa iba ben, e o engadido de motivación por elo faime sacar forzas de onde case non teño.

Chegando ó final da ruta...o meu obxetivo era baixar de 52' (xa sei, para moitos é moi lento), pero vexo que se apreto un pouco, ou bastante, mellor dito, podería baixar incluso de 50'...

Chego ó final, paro o reloxio, miro para él, e.....49'59"....jeje, nin feito adrede...

176 pulsacións de media, 4:59min/km... bastante ben, acabei satisfeito. Baixei máis de 2 minutos o meu mellor tempo en 10 km. Os adestramentos pouco a pouco van dando algunha mellora...

Haber o domingo que ocorre. Agardo, polo menos, que non faga tanto calor...

Saudiños.

viernes, 18 de marzo de 2011

Tirada longa...

Para rematar a semana laborable, qué mellor que pegarse unha desas tiradas ben longas, e moito mellor se se fai ó mediodía cun sol de carallo e 20ºC. Non si?

Así que tirei para a Senda do Lérez (outra vez), e non contento cor ir ata Bora e dar a volta, decidín recorrer 2 km. máis no carril-bici de Monteporreiro para rematar facendo 14 km. en total. Sumando kms. para ir preparando medias maratóns.

Total do tempo dos 14 kms., 1h 15m 29s.
A 5:23 o km. Pulsacións medias 161. Velocidade media, algo superior a 11 km/h.
Bastante satisfeito co resultado, e moi canso. Pero o importante agora é ir mellorando pouco a pouco, tanto nos kms rodados como nas velocidades, e ir rebaixando pulsacións..canto traballo teño por diante!

Agora, a descansar o fin de semana, e ir argallando o que farei a vindeira.
Saudiños...bó fin de semana...

jueves, 17 de marzo de 2011

Mellorando a velocidade...

Decidín para hoxe que tocaba de novo adestrar series, para mellorar un pouquiño a miña velocidade. A verdade é que prefiro rodar máis distancia a menos ritmo, pero temos que tocar todos os aspectos do traballo para ir mellorando..
Adestramento curto, pero moi intenso. Despóis do quecemento de rigor, prepareime para comezar o traballo de series. Teño que mentalizarme para traballar a un ritmo bastante exixente...
O que fixen foi 4 series de 1000m. 3 minutos de descanso entre series.

E eiquí os resultados:
Serie 1:  4'08"
Serie 2:  3'58"
Serie 3: 4'10"
Serie 4:  4'04"

Remato moi canso, pero satisfeito. Traballar a tan altas intensidades (183 ppm), é o que menos me agrada.
Trote de enfriamento, e a casa a estirar.
Agora, penso en facer mañá unha rodaxe algo longa, uns 14 kms. ou así... xa contarei...

Un saudiño...

martes, 15 de marzo de 2011

A desquitarse...

Mirade que rara vez adestro dous días seguidos, pero é que onte acabei con mal sabor de boca, e hoxe espertei coa sensación de que tiña de desquitarme...

Quería sair pola mañá, pero unha choiva de carallo dicíame que esperara un pouquiño e que tivera paciencia. Decidín facerlle caso a climatoloxía e o meu instinto que me dicía que pola tarde ía escampar.

E por unha vez acertei, escampou pola tarde e axiña fun a cambiarme, a por as zapatillas, o pulsómetro, e sair a desquitarme do de onte. 
Comecei suave, pero as miñas pernas e o meu corpo pedían máis, traballar a máis velocidade a cambio de non reducir pulsacións, que actualmente é o que máis me convén.

Resumindo, 8'320 km, en 46'13", a 5:32 o km.
Pulsacións medias: 169, ay, ay, ay...
Fixen dúas voltas á ruta de 4'16 km que aparece máis abaixo noutra entrada, por se alguén apetece ver.

E en certo modo acadei o meu obxetivo, quitar as malas sensacións de onte. Mellorei tempo, acabei non moi canso, e cun lixeiro gusto a satisfacción. Agora, a descansar o mércores, para o xoves facer un pouquiño de series.

Saudiños.

lunes, 14 de marzo de 2011

Volta frouxiña...

Por culpa da ferida do dedo do pé, decidín tomarme uns días de repouso para que curara ben e non me dera moitos problemas. A máis, o venres pasei a tarde en Teo, preto de Santiago, onde Ticiana facía a presentación dunha animación súa, e tivo éxito. Noraboa Ticianiña!

Así que aproveitei para curar ben a ferida, auga con sal, moito betadine, e moito deixar o pé ó aire. Creo que de momento xurdiu efecto, e a cousa vai, pouco a pouco, a mellor.

O que non foi a mellor foi o resultado do adestramento de hoxe. Non tiven moi boas sensacións, moita humidade, o pé respostou ben pero o resto do meu corpo non tanto. Tiña pensado facer 8 km, nuns 45 minutos e cunhas pulsacións relativamente baixas, pero o resultado final foi peor do esperado...

Total: 8 km, en 46'56"
5:52min/km  Pulsacións medias: 167

Non acabei moi satisfeito cos resultados, notei moito o reposo dos últimos días.
O mellor, a melloría na ferida do pé, e a volta pola Senda do Lérez, lugar sempre moi agradable para rodar, a pesares do día chuvioso e a alta humidade.

Haberá que recuperar o tempo perdido...e as boas sensacións

Saudiños

miércoles, 9 de marzo de 2011

Día festivo?...

A pesares de que hoxe foi festivo aquí en Pontevedra, e co moito que a mín me gusta non facer nada nestes días, elexín o día de hoxe para facer unha rodaxe longa, que xa ía algún tempo que non o facía.
Escollín a Senda do Lérez, que levaba tempo sen pisar dende que estiveran cunhas obras, e decidín chegar dende a ponte dos tirantes ata a presa de Bora e volver.


En total, 12 kms, nun tempo de 1:05'21", con caída estúpida incluída ó tropezar cunhas pedras, e charla cunhas señoras que me preguntaron se estaba ben.

A 5:26 o km., e 11,02 km/h de media. As pulsación medias, 163.
A pesares da caída e do reventón da bocha do pé, que me deixou o calcetín empapado en sangue, acabei satisfeito coas sensacións e non rematei demasiado canso.
As dores do pescozo remitiron algo, pero o dedo pequeno do pé esquerdo estame a dar guerra agora. Unteino en betadine e algodón todo pra dentro, pero noto dor ó apoiar o pé.

Espero que mellore un pouco, e haber que pasará o vindeiro festivo...

Saudiños.

lunes, 7 de marzo de 2011

O sol quecía ó mediodía...

Non sei por qué se me puido ocorrer sair a correr ás 12 e media da mañá...
 non é que fixera calor, pero o sol pegaba a reo, e correndo sen auga nótase máis.
A pesares da dor no pescozo, decido sair a rodar un pouquiño, un par de voltiñas á seguinte ruta, que ten unha costinha que chégalle ben... polo menos para min.





Resultado: 8,320 km. en 46'23"
5:34 por km, a 10,76 km/h de media
Pulsacións medias: 164, Máxima: 179 (e que a costa era moita costa)

Podía estar bastante mellor, a verdade. Pero bueno, medrando pouquiño a pouco.

Chego á casa, estiro ben, e á ducha. E agora, coa almohadiña eléctrica no pescozo, haber se fai algo...
Saudiños

sábado, 5 de marzo de 2011

Disfrazado de xorobado

O día de hoxe, tiña pensado non adestrar, pero ó final, o desenrolo da xornada pódese calificar de adestramento de resistencia...
Espertei fatal, aparte da chaga do pé esquerdo, as dores no xemelgo esquerdo... uniuse unha espantosa dor no pescozo. Debeu ser unha mala postura mentres durmía. O caso é que non podo xirar a cabeza e ó estar erguido ou de pé, encollo os hombreiros sen querer porque a contractura é fatal.
Á hora do mediodía, ven Ticiana e dime: "toca facer a compra do mes"...
Pois iso, despóis do suspiro inicial, a tirar para o carrefour, sabendo que a cousa iba para largo. En total, tres horas camiñando, parando, tirando do carro... chegamos á casa ás 4 da tarde e aínda sen comer...
Despóis chegou o momento de decidir se saímos ou non saímos polo tema do Entroido. "Non me apatece, dóeme todo", digo eu.
Despois de diversas negociacións, a cousa queda en que ela sae coas amigas, disfrazada de pintora (disfraza improvisado a última hora), e eu quedo na casa disfrazado de xorobado, co pescozo feito merda. A verdade é que tiña ganas de sair a dar unha volta, pero sei que non iba a durar moito. Para a próxima, vou aínda con muletas.

Saudiños meus, bo domingo.

viernes, 4 de marzo de 2011

Vaia series...

Hoxe tocou un pouquiño de adestramento de calidade, algo de series, que habitualmente non fago moito. O meu é rodar e rodar....
Fágoas no carril bici que vai a Monteporreiro, porque está marcado, e parece que as marcas feitas son máis ou menos exactas, así que é un bó sitio para probar.
Saio da casa e aproveito o treito ata o carril-bici para quecer un pouquiño, pero fago un kilómetro máis a ritmo alto para que as pernas vaian espertando.
E a continuación, tras estirar un pouco, a tirada de series:

2 km.  Tempo: 9'01"  Descanso de 2 minutos e estirar o que se poida.
1 km.  Tempo: 4'35"  Descanso de 1 minuto e medio e volver estirar.
1 km.  Tempo: 4'24"  O mesmo de ántes.
1 km.  Tempo: 4'17"  Ídem.

Estirar de novo, e trotar un pouquiño para enfriar. Ántes de chegar á casa, e sacando as últimas forzas que me quedan, fago 5 costas na pasarela que vai por riba da Av. de Compostela.

Teño que estirar moi ben!! dixenme, xa que ía cos xemelgos feitos pedras..

Como vedes, o ritmo das series, que para mín xa é moito, seguramente será, para a meirande parte dos corredores, un ritmiño fácil de facer...  e que para min facer o km. sobre 4 minutos e medio xa é unha fazaña!!... pouco a pouco espero mellorar...

Saúdos.

jueves, 3 de marzo de 2011

Un pouquiño de autopromoción..

Pois nada, como hoxe é día de descanso (para que a bocha do pé desafogue un pouco), andamos aquí mirando cousiñas por internet, a pasar un pouqiño a tarde.

Aparte de esta intrascendencia comentada, dicir que xa por fin hoxe rematei uns trámites que tiña que facer para poder obter o título que estaba facendo tempo atrás. e que xa podo dicir que xa son Entrenador Superior de Culturismo, Musculación e Fitness, pola Escola Nacional de Entrenadores, da Federación Española de Halterofilia.

E vos preguntarédesvos... e que ten que ver a halterofilia con correr?
E eu respóndovos... pois que é unha actividade física, e...., e..., bueno, a verdade é que non moito.

O mundo da musculación é outro dos meus intereses e actividades que me gustan, tanto a nivel de hobby como a nivel profesional. Non pensedes que son un cachiñas ou que paso o día no ximnasio, máis ben todo o contrario. Pero é un bo complemento de formación para os meus estudios, e pra poder traballar nun ximnasio, por exemplo, é un bo título.

Xa que non o comentei ántes, dicir que son Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (popularmente coñecido como TAFAD), e tamén teño o título de Monitor de Balonmán da Federación Galega. Estou pensando se sacar o de Entrenador Persoal, e este mes de Xuño, definitivamente, inscríbome para as probas de acceso ó Grao de Ciencias do Deporte e da Actividade Física, a pesares dos meus 30 tacos. Agardemos que haxa sorte e poida pasalas, moita ilusión me faría.

Así que xa sabedes, se necesitades un perfil profesional que encaixe algo co descrito arriba....eu estou no paro!


Autopromoción rematada...

Saudiños

miércoles, 2 de marzo de 2011

Pois o dito..

Onte aseguraba que hoxe ía sair a correr, pois dito e feito, espertei pola mañá con intención de cumplir a promesa, a pesares das molestias, que non me paran, na perna esquerda. Iso si, decidido a facer un ritmo suave para non forzar moito a pesares de facer 10 km.
Deixei de tomar os adestramentos de rodaxe continua como se fosen carreiras e ir tentando baixar tempos á vez que sumo kilómetros nas pernas, non é o máis sensato pola miña parte. Asi que decidín hoxe (e espero que de aquí en diante), centrarme en traballar a pulsacións máis baixas para seguir coa mellora cardiovascular e iso, seguir baixando pulsacións.
Así que tomei un café, preparei o atuendo, e saín a rodar pola ruta que onte preparei, e que paso a ensinar agora:


(Por certo, mira que me empeñei en remarcar 10 km., pero o condenado programa sempre me pon uns metros menos!) Sinto que non se vexa moi ben.

Tomei o camiño de casa ata o inicio do carril bici coma quecemento, chego, estiro un pouquiño,e... a rodar!
Saída suave, estando atento ó pulsómetro para non pasarme da conta, aínda que a costa de subida a Monteporreiro fai que disminúa o ritmo sen disminuir as pulsacións.. Dou a volta enteira a Monteporreiro.. cada vez vou sentíndome un pouquiño mellor, logo, encaro a baixada pronunciada ata estar no carril bici de novo, deixándome levar, acelerando un pouquiño, e, agora sí, aumento de ritmo sen aumentar as pulsacións.
Ó rematar o carril bici, atraveso a ponte dos tirantes e dou unha volta enteira á Illa das Esculturas, noto que vou ben e non demasiado canso, aínda que o xemelgo esquerdo empeza a tirar. Volta pra casa dando un rodeo ántes polo barrio para facer os 10 km. xustos.

Total: 10 km. en 58'19"  A media das pulsacións, en 158.

É un tempo moi lento (máis de 6 minutos por riba da miña mellor marca en 10mil), pero cumprín o de rodar a pulsacións adecuadas e non tomalo como de unha competición se tratara, e, sobre todo, cumprín o de que hoxe ía sair a correr seguro.

Ó chegar á casa, bebida isotónica, estirar ben, unha ducha reparadora, e a xantar que xa hai ganas: sopa e peixe.

Agora que estou sentado, si que noto un pouco máis a molestia no xemelgo e no nocello esquerdos, dentro dun rato a estirar un pouco máis, e a descansar mañá pra o venres poder facer unhas series, haber se a dor vai marchando dunha vez..

Saudiños a todos!

martes, 1 de marzo de 2011

Imos entrando en materia

Pois resulta que hoxe tiña pensado sair a rodar un pouquiño á mañán, uns 8 ou 10 kms., pero a pereza invadiume hoxe, e como perdín a mañán entre espertar tarde e facer un par de recados, deixeino pra tarde, a sabendas de que hoxe non era o día pra sair.
Por outra banda, teño unhas pequenas molestias na perna esquerda, non podo flexionar ben o nocello e por riba do óso exterior do nocello teño algo de falta de sensibilidade, se pincho ahí non me doe!!
Esto provoca que ó camiñar, non poida apoiar ben o talón e teña que camiñar co pé esquerdo plano, así que se hai algún médico na sala..

Decidín entón tomarlle un pouqiño máis de tempo a seguir facendo o blog, actualizando un pouqiño, e colocando un par de fotos que a continuación veredes. As fotos son de direrentes carreiras de hai pouco, veredes cómo me gusta posturear. As mesmas son xentileza, unhas de participantes dos foros de Correr en Galicia (graciñas!), e outras son de Ticiana, que sempre me acompaña e me anima, así que moitos biquiños e moitas gracias! (e deixa de pasalo mal cando saio a correr, que xa o paso eu mal polos dous, jeje)

Mañá, definitivamente, saio a correr. Seguro.

Saudiños.




lunes, 28 de febrero de 2011

Gran festa inaugural!

Hola a todos/as!!
Benvidos á gran festa inaugural do blog de pablocrojo, ou sexa pablo, ou sexa a nova tartaruga do ciberespacio.
Neste pequeno espacio irei tomando nota de todas as miñas carreiras, entrenos...
Pero non só eso, anotarei os meus pensamentos, os meus comentarios, as miñas sensacións... pero non haberá espacio soamente para o deporte en xeral e o running en particular. Todo o que se vos pase pola cabeza pode ser comentado no pequeno espacio dun servidor. Ata está permitido falar de política....ooooohh!
Pois nada, sen máis introduccións, benvidos todos, e que comeze a festa!